Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Todo público: programación de teatro para centros escolares 2019-2020

O IMCE ofrécelles parte da súa programación de teatro aos centros escolares con funcións específicas para eles.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH e FP

Prezo / Custo:

    Condicións do programa

    • Cada grupo só se poderá inscribir nunha única obra de teatro.
    • Prezo de billete por alumna/o: 2,00 € para educación infantil e educación primaria e 3,00 € para educación secundaria, bacharel, FP...
    • Cada grupo deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro, que dispoñerá de entrada gratuíta.
    • A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.
    • En función das características do espectáculo e das/os escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

    Venda de entradas

    Ademais da ficha de solicitude xeral, hai que cubrir directamente "en liña, a través da ficha específica "Despacho de billetes do IMCE: Todo Público": a partir do día 18 de setembro para os centros do municipio, e do 20 de setembro para os centros doutros municipios.

    Para acceder á ficha, aqueles centros que non estean incorporados á "Intranet Educativa Municipal", poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" (teléfono 981 902 327).

    Compra a través do teléfono 981 184 297, en horario de 9.00 a 14.00 h: a partir do 24 de setembro, para todos os centros.

    Adxudicación

    As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de petición.

    Retirada de entradas

    1. As entradas deben ser retiradas, o máis tarde, 10 días antes do espectáculo, no Fórum Metropolitano, excepto para o espectáculo "Peloloco" que poderán recollerse ata 2 días antes da función.
    2. As entradas aboaranse no momento da súa retirada.
    3. Permitirase un máximo dun 10% de devolucións, coa condición de que non exceda de 10 entradas por función e centro.

    TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 e 5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

    Lugar: todas as funcións serán no Fórum Metropolitano.

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Hora

    CAPACIDADE

    Peloloco

    Mimaia (Barcelona)

    1º e 2º ciclo EP

    3 e 4 de outubro de 2019

    9.30 e 11.30 h

    200

    Calor

    Jean Philippe Kikolas (Castela-León)

    3º ciclo EP

    24 e 25 de outubro de 2019

    9.30 e 11.30 h

    105

    La niña azul

    Zazurca (Huesca)

    1º e 2º ciclo EP

    16 e 17 de xaneiro de 2020

    9.30 e 11.30 h

    290

    Hubo

    El Patio (La Rioja)

    2º e 3º ciclo EP

    30 e 31 de xaneiro de 2020

    9.30 e 11.30 h

    100

    Ulises

    Teatro Gorakada (País Vasco)

    EP

    5 e 6 de marzo de 2020

    9.30 e 11.30 h

    145

    Os nenos da varíola

    Pérez & Fernández (Galicia)

    3º ciclo EP

    16 e 17 de abril de 2020

    9.30 e 11.30 h

    290

    Jon Braun

    Anita Maravillas (País Vasco)

    EI (4-5 anos)

    7 e 8 de maio de 2020

    9.30 e 11.30 h

    150

    Zapatos nuevos

    L'Home Dibuixat

    (Comunidade Valenciana)

    EI (4-5 anos)

    4 e 5 de xuño de 2020

    9.30 e 11.30 h

    100

    TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

    Lugar: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano, excepto "El loro de Carlos V" que será no Teatro Colón.

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Hora

    CAPACIDADE

    A carreta pantasma

    Berrobambán (Galicia)

    2º ciclo ESO - BACH - FP

    30 e 31 de marzo de 2020

    11.30 h

    290

    El loro de Carlos V (ópera bufa)

    Favola in música, coa OSG (Galicia)

    ESO -BACH

    5 de decembro de 2019

    11.00 h

    600

    Os contos da fantástica tía Pilar

    Bea Campos para Artestudio Xestión Cultural (Galicia)

    ESO - BACH - FP

    23 de abril de 2020

    11.30 h

    290

    Feirantes

    Ramiro Neira para Artestudio Xestión Cultural (Galicia)

    ESO - BACH - FP

    24 de abril de 2020

    11.30 h

    290

    Cando:

    Dende o 03/10/2019 ata o 05/06/2020

    Inscricións:

    Inscrición para os centros

    Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes do teatro do IMCE: Todo Público"

    Contacto:

    Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

    Sede

    Avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

    Tel.: 981 189 830 Fax: 981 189 829

    imce@coruna.es

    ESCENARIOS

    - FÓRUM METROPOLITANO

    R/ Río de Monelos, 1 (15006)

    Tel.: 981 184 297 Fax: 981 184 295

    forum@coruna.es

    - TEATRO COLÓN

    Avda. da Mariña, 7A (15001)

    Tel.: 981 223 258 / 673 170 160

    b.kohlhaas@coruna.es

    COORDINACIÓN DO PROGRAMA

    "Todo público: Teatro para centros escolares": Ana Judel Prieto

    forum@coruna.es

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión