Concello da Coruña

Concello da Coruña

A maxia da robótica. Obradoiro e concurso galego de robótica 2020-2021

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

Dada a situación de pandemia ,esta actividade realizarase no propio centro educativo por streaming youtube con aclaracións de dúbidas por videoconferencia jitsi, así como o concurso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos seguintes niveis e categorías :

  • 5º e 6º de EP e 1º , 2º e 3º de ESO,
  • 4º de ESO, BACH e FP de grao medio

Horario:

Horario: de 9.00 a 14.00 h para o concurso e de 17.00 a 19.00 h para as dúbidas do obradoiro (o día anterior a cada mañá do concurso)

En sesións de concurso de 1 hora 9.00-10.00 h,10.00-11.00 h,11.00-12.00 h,12.00-13.00 h e 13.00-14.00 h

Cada sesión unicamente terá 10 alumnas/os en 10 postos. Os postos poden ser do centro educativo ou cada persoa participante levará o seu portátil ao concurso. Utilizarase o programa EV3 .

Este ano non poden participar clases enteiras, polo que é preferible que as e os inscritos non partan de cero: que participasen en anos anteriores, que teñan nocións de EV3 ou que estean dispostos a practicaren o mes de outubro (antes do concurso), xa que este ano pedímoslles máis implicación ás persoas participantes.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

Aprender de modo lúdico os conceptos básicos e os rudimentos da programación de robótica e resolver unha pequena colección de problemas de robótica do concurso. O enfoque é ver a programación como unha habilidade que calquera pode adquirir, sen importar a idade nin a formación previa.

Ademais, preténdese que o alumnado sinta paixón pola aprendizaxe, a de integrarse nun grupo en que deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ofréceselle a oportunidade de desenvolver a creatividade, o pensamento algorítmico e a habilidade para solucionar problemas.

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión (sempre que o espazo permita grantizar as distancias de seguridade que se establece nos protocolos de medidas de prevención fronte ao COVID19).

Taller-Exposición.

Duración: 2 horas; co apoio de varios monitores/as e o programa EV3, cun sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control.

Cada grupo inicia o seu percorrido cunha presentación e iniciará a familiarización coa linguaxe icónico de programación EV3.

A continuación realizarán o taller interactivo, conformado por unha serie de postos cun computador e un pack leigo xa preensamblado de diversas actividades interactivas, no que realizasen os primeiros programas de forma tutorizada por monitorar//as e trasladaranos aos robots para que procedan a executalos e contrasten as accións realizadas coas programadas, coa finalidade de darlle vida e facer funcionar ao robot.

Estas dúas fases serán en videoconferencia por Internet (na tarde anterior), poden visualizarse desde casa desde o día 20 de novembro e terán unha duración de 2 horas de cosnulta das dúbidas de 17 a 19h. o día anterior ao día do concurso.

Fase de concurso: por último, se lles entregaránn unha serie de desafíos de dificultade progresiva que deben resolver en grupo mediante traballo colaborativo. As tarefas implicarán unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo.

Por cada desafío realizado correctamente, asignaráselles unha puntuación predeterminada que, unha vez sumada, determinará o seu posto na clasificación final do concurso.

http://igaciencia.eu/gl/node/348

As dúas persoas con mellor puntuación en cada un dos grupos (primaria a 3º de ESO ou 4º de ESO, Bach e FP) celebrarán a final o venres 27 de novembro na Coruña ás 17 horas (data, hora e lugar por determinar) con cinco pequenas probas. -a entrega de premios farase a continuación.

O Concello da Coruña concede dous premios de material por valor de 300 euros aos dous centros do concello que consiguan a mellor puntuación, un en cada unha das categorías. Cada centro só pode recibir un premio.

Para os centros de fóra do Concello da Coruña, Igaciencia concederá un equipo Leigo NXT (válido para programar con EV3) para aquel que consiga a mellor puntuación.

Requisitos:

Os centros e/ou alumnos/as deberán de dispoñer de computadores ou portátiles con cámara para a videoconferencia.

Ofértase a uns 25 centros un total de 10 postos do concurso.

Cando:

Dende o 23/11/2020 ata o 27/11/2020

A Final disputarase o 27 de novembro de 2020.

Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia do COVID 19.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/10/2020 ata o 31/10/2020

A través da ficha de inscrición que se atopa na páxina web de IGACIENCIA

http://igaciencia.eu/gl/node/348

Contacto:

IGACIENCIA

Inés Ben

secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200, ext. 12047

Requisitos:

Ser alumno/a de 5.º ou 6.º de primaria, ESO, bacharelato ou FP de grao medio.

Recursos humanos:

Monitores/as especializados/as

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión