Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A ruta da auga

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como empregamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de EP, de 1º e 2º de ESO, EE

Obxecto:

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual.
  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o seu aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se emprega na cidade, desde a súa captación ata a súa devolución ao ciclo natural.

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio. Para elixir entre:
    • A auga na natureza. 60 min. 3º, 4º, 5º e 6º de EP

    • A ruta da auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º ESO

  • Actividade na aula. Para elixir entre:
    • Xogo: a vida no río. 60 min. 3º e 4º de EP

    • Xogo: a auga na Coruña. 60 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO

  • Itinerario/visita guiada. Para elixir entre:
    • A planta potabilizadora da Telva. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º ESO

    • De expedición polo río Mero. 90 min. 5º e 6º de EP; 1º e 2º ESO

    • A planta depuradora de Bens. 120 min. 1º e 2º ESO

Cando:

Dende o 08/01/2019 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 30/09/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 12 ao 30 de setembro de 2018

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?