Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2020-21

O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

O centro escolar, que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Servizos Sociais

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclos medios de Formación Profesional, ambos de 16 a 18 anos no que se detectan por parte do centro escolar casos concretos de condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas.

Obxecto:

  • Fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.
  • Completar os coñecementos do alumnado en materia de prevención de drogodependencias e hábitos saudables
  • Promover o labor de mediación entre o alumnado e evitar o inicio e a consolidación de hábitos nocivos de consumo
  • Intervir en casos concretos con condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas que o centro educativo detecte.

A intervención grupal realízase en dúas sesións de 50 minutos que se concertarán. A intervención individual desenvólvese en sesións que tamén se concertarán.

Cando:

Dende o 02/11/2020 ata o 31/05/2021

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral (o centro)

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de Servizos Sociais" (o centro)

Contacto:

Coordinadora: Regla Dávila Caballero

Servizo Municipal de Servizos Sociais

Teresa González García

Tel.: 981 184 374

m.gonzalez@coruna.es

Recursos humanos:

Impartido por persoal da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión