Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo do consumo de drogas

O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

O centro escolar, que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Servizos Sociais

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclos medios de Formación Profesional, ambos de 16 a 18 anos no que se detecta por parte do centro escolar casos concretos de condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas.

Obxecto:

  • Fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.
  • Completar os coñecementos do alumnado en materia de prevención de drogodependencias e hábitos saudables
  • Promover o labor de mediación entre o alumnado e evitar o inicio e a consolidación de hábitos nocivos de consumo
  • Intervir en casos concretos con condutas problemáticas asociadas ao consumo de drogas que o centro educativo detecte.

A intervención grupal realízase en dúas sesións de 50 minutos que se concertarán. A intervención individual desenvólvese en sesións que tamén se concertarán.

Cando:

Dende o 12/09/2018 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 30/09/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de Servizos Sociais"

Contacto:

Coordinadora: Regla Dávila Caballero

Técnica asignada ao programa: Teresa González García

Teléfono: 981 184 374

Correo electrónico: m.gonzalez@coruna.es

Recursos humanos:

Impartido por persoal da Asociación cidadá de loita contra a droga (ACLAD)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?