Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Alimentación e consumo

Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña

Obxecto:

O obxectivo da educación das persoas consumidoras é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sustentable.

A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.

Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.

A Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadoras/es especializadas/os no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis axeitadas ao desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os talleres compleméntanse con seminarios para o equipo docente e charlas para nais e pais de alumnos/as. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

Duración e localización

Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolveranse en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.

A planificación das actividades será realizada pola OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa do centro educativo.

Os talleres poderán ser realizados nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (r/ Costa da Palloza, 8).

Condicións do programa

O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.

A OMIC contactará coa persoa que conste como responsable do programa para concertar as datas e horas das actividades. Sobre as datas e horas acordadas co centro non se aceptará ningún cambio salvo causas xustificadas e acreditadas debidamente, para iso a OMIC remitirá ao correo electrónico do centro o calendario acordado.

Todos os talleres poderán ser adaptados para alumnado con diversidade funcional para grupos de educación especial.

Cando:

Dende o 12/09/2018 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 30/09/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa dá Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lida Mª Branco Igrexas

Tenente de Alcalde Responsable da área de : Emprego e economía social Alberto Lema Suárez

Documentos:

Programa de educación para o consumo 2018-2019 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?