Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Anillamiento científico de aves 2020-21

Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º de BACH; FP

Obxecto:

Programa A: clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

  • Uso de guías e claves de identificación
  • Identificar especies comúns nun espazo natural protexido: o Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre
  • Aplicación do método científico

Programa B: bioloxía experimental e método científico

  • Profundar na aplicación do método científico
  • Distinción entre traballos de laboratorio e de campo
  • Analizar os resultados dunha investigación

Programa A. Clasificación e nomenclatura dos seres vivos: uso de claves e guías

Os/as naturalistas de todas as épocas mostraron unha gran preocupación por poñer orde na enorme variedade de seres vivos existentes. Hoxe en día a clasificación dos animais segue sendo unha cuestión cambiante e de actualidade. A elaboración de listaxes coas especies presentes nun espazo é a base de partida para todos os estudos e traballos que se desenvolven dirixidos á súa conservación. É por iso que é necesario manexar con soltura todo tipo de guías e claves. As aves máis frecuentes en espazos próximos a zonas urbanas son un bo punto de partida para iniciarse no seu uso. Durante a fase práctica deste programa capturaremos aves, o que nos permitirá ademais ir un pouco máis aló da identificación. A determinación do sexo, a idade, o seu estado físico, reprodutor... completarán a formación recibida neste programa.

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Charla de duración aproximada de 60 minutos
  • Taller teórico de identificación. Duración aproximada: 60 minutos. Aproximación teórica antes da saída ao campo
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre

Programa B. Bioloxía experimental e método científico

A bioloxía divídese en descritiva e experimental. No primeiro caso limitámonos á mera observación dos seres vivos para clasificalos ou analizar o funcionamento da súa estrutura, e realizar descricións do observado. No segundo caso, aplicamos o método científico ao estudo dos seres vivos e é propia da ciencia moderna. Especialidades como a xenética ou a ecoloxía baséanse na súa aplicación.

Estrutura

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Charla introdutoria de duración aproximada de 60 minutos
  • Taller teórico. Duración aproximada: 60 minutos
  • Taller práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só realizarase acordada cos destinatarios; que serían consultados coa debida antelación.

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Guías de campo e claves de identificación, fichas de traballo
  • Redes e material de anelamento

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión