Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Apoio Escolar Primaria

Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2019/2020

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Primaria, con dificultades de aprendizaxe e/ou desvantaxe educativa que lle será indicada ao SME

Horario:

Por determinar, cando se inicie o programa.

Prezo / Custo:

Gratuíta.

Obxecto:

  • Aumentar a motivación no proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades e técnicas de estudo necesarias
  • Favorecer a igualdade de oportunidades, proporcionar os recursos pedagóxicos e habilidades que favorezan o rendemento escolar do/a alumno/a
  • Reducir as taxas de fracaso e abandono temperán do sistema educativo; así como combater o absentismo escolar e mellorar a convivencia no ámbito educativo
  • Implicar ás familias na educación do alumnado, nos procesos de aprendizaxe de ensino
  • Promover a normalización e a integración social e cultural

Condicións do programa:

Como norma xeral, os grupos que participarán nos talleres terán un máximo de 10 participantes no espazo asignado polo centro cívico correspondente

As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver

Cando:

Estímase que se celebrará de xaneiro a xuño de 2020.

Inscricións:

Inscricións do centro:

Mediante solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.

Inscricións do alumnado:

Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión