Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado de Educación Secundaria, con dificultades de motivación, comprensión e aprendizaxe no ámbito das ciencias de entre 12 e 16 anos matriculado en centros educativos da Coruña. Será derivado ao SME.
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA-CIENCIAS- |
|||||
CENTRO CÍVICO |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
CIENCIAS - Castrillón |
18:30 - 20:00 |
18:30 - 20:00 |
|||
CIENCIAS - Elviña |
16:30 - 18:00 |
16:30 - 18:00 |
|||
Monte Alto |
17:00 - 18:30 |
16:00 - 17:30 |
|||
CIENCIAS - Eirís |
16:30 - 18:00 |
16:30 - 18:00 |
Gratuíta
Condicións do programa:
- Os grupos terán un máximo de 10 participantes (incluído docente).
- A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dúas persoas docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.
- As actividades deberanse adaptar ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van desenvolver.
As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.
Aplicaranse os protocolos de recepción do alumnado e de limpeza COVID-19.
Inscricións do centro:
Mediante a solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.
Inscricións do alumnado:
Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.
Servizo municipal de Educación
Teresa Delgado López
Tel.: 981 184 200 ext. 12039
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible