Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa VIII

Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, que organiza e posibilita as prácticas de formación, de tres meses de duración, en empresas do Austria, Francia, Italia e Irlanda para o alumnado co título de Técnico Superior en FP específica.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Titulados/as de ciclos superiores de FP específica en decembro de 2017 ou en xuño de 2018.

Unha vez que se aproben as bases da edición 2018-19 publicaremos os requisitos para as persoas participantes.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Dotación da bolsa

As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica 1.500,00 € destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, viaxes locais e demais gastos diarios).

Ademais financiaranse as viaxes e o aloxamento.

A súa contía está calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE e a achega municipal.

Obxecto:

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos/as profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego
  • Mellorar a competencia en linguas estranxeiras
  • Aumentar a conciencia e comprensión doutras culturas e países
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro

Servizos incluídos no programa

O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.
  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Tutorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  6. Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  7. O acceso a un curso "en liña" dos idiomas dos países de destino.
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  9. Tramitación da documentación ante o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademas de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educación , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais.

A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar nas bases):

  1. Cualificación media final no ciclo formativo. Ata 5 puntos
  2. Valoración do informe da titoría do centro onde o participante realizase os seus estudos. Ata 5 puntos.
  3. Cualificación do idioma estranxeiro. Ata 10 puntos, de acordo ao nivel de lingua estranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas.
  4. Entrevista persoal. Ata 3 puntos.
  5. Por discapacidade da persoa solicitante igual ou superior ao 33%, sempre que a súa discapacidade non lle impida o desenvolvemento das prácticas formativas. 2 puntos.

Entidades colaboradoras

Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.

Cando:

Dende o 01/06/2018 ata o 31/05/2020

Duración das prácticas: 3 meses (90 días)

O período das prácticas desenvolverase entre finais de marzo e finais de xuño de 2019.

Inscricións:

Dende o 13/12/2018 ata o 28/12/2018

Inscrición para o alumnado

Na ficha específica

O Concello da Coruña abrirá os prazos de inscrición do 13 ao 28 de decembro de 2018.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel.: 981 184 200, ext. 12038

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Requisitos:

Segundo as bases do programa

Organizador:

Concello da Coruña, financiado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) do Ministerio de Educación

Documentos:

BOP: Bases Acoreuropa VIII (149 KB)

Folleto informativo (163 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?