Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bolsas USA 2020-2021

Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en EE.UU. -Equivalente a 1.º de Bacharelato-.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4.º de ESO durante o curso 2019/20 e que estean en condicións de cursar 1.º de Bacharelato durante o curso 2020/21.

O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

O numero de prazas dispoñibles son 60, as cales se xestionan mediante a concesión de bolsas. O custo praza é de 10.833,33€

As bases do programa están publicadas no BOP do 8/11/2019. Cabe ter en conta a corrección de erros nas bases publicada no BOP do 15/11/2019.

REQUISITOS

Persoas empadroadas no Concello da Coruña desde o 1 de setembro de 2019.

Estar matriculada e estudar 4º de ESO no curso 2019-20.

Obter en 3º de ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.

Obter en 3º de ESO unha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

TIPO DE BOLSA

Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00 € anuais de renda perPita cá . O cálculo da renda efectuarase segundo establécese nas bases.

Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 5 % do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais perPita cá .

DIÑEIRO DE PETO

As persoas seleccionadas dispoñerán de 100 €/mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    • Fotocopia do DOI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos pais ou representantes legais.
    • Copia do resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña asinado polo/a participante e a persoa ou persoas que teñan a patria potestade ou tutela sobre o/a participante.
    • Certificado das cualificacións correspondentes a 3º da ESO do curso académico 2018-19.
    • Certificado de matrícula do curso 2019-20 onde conste nome da persoa solicitante, datos do centro e curso no que estea matriculada.
    • Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia, acreditativo do grao de minusvalía do alumno/a e/ou doutro integrante da unidade familiar.
    • Se for o caso, documentación acreditativa da existencia de malos tratos na unidade familiar de convivencia.
    • No caso de non se autorice na solicitude a consulta de datos tributarios, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en adiantes AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2018, emitidas e datadas no mes de setembro, ou posterior, de 2019.
    • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá achegarse, xunto coa resolución xudicial máis recente que a estableza, unha declaración responsable (anexo I, das bases) do/a proxenitor/a custodio/a indicando a contía percibida por tal concepto no ano 2018. No caso de que exista incumprimento total ou parcial do abono da pensión deberá xuntarse copia da admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada.

    Cando:

    Dende o 01/08/2020 ata o 30/06/2021

    A estancia en EE.UU. comezará en agosto de 2020 e finalizará en xuño de 2021 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

    Inscricións:

    Inscrición alumnado

    Ficha de solicitude específica BOLSAS USA 2020-21

    Do 18 de novembro ao 10 de decembro de 2019 ás 14:00h. (antes desta data non estará operativa).

      Contacto:

      Servizo municipal de educación

      Tel. 981 184 200 ext. 12027 // 12039 //12047

      educacion@coruna.es

      Máis información:

      becasusa.es

      Consulta nesta web as preguntas frecuentas e a información máis relevante sobre o programa.

      Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Síguenos en

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión