Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro)

É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sustentable e converter as persoas viandantes no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP

É un programa educativo e de participación cidadá que incorpora a práctica de hábitos saudables e de valores de convivencia con pautas de seguridade viaria para conseguir unha contorna urbana máis segura e sustentable.

Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de Stop Accidentes.

Condicións do programa

A actividade coordínase, por orde de inscrición, co centro educativo.

  • Desenvólvese con todo o alumnado do centro educativo.
  • A metodoloxía adáptase ás idades do alumnado.
  • O taller inicial e a aplicación da enquisa ten unha duración de 2 clases de 50 minutos.

Actividades

Centros que inician o programa:

  • Taller interactivo de mobilidade sustentable e segura
  • Aplicación da enquisa de hábitos de mobilidade e análise de resultados
  • Auditoría de seguridade da contorna e proposta de mellora
  • Reunión cos axentes implicados (comunidade escolar, comerciantes)
  • Establecer rutas ANCAS e mapa de percorridos
  • Sinalización do percorrido
  • Inscrición do alumnado e coordinación das familias acompañantes

Centros participantes do programa:

  • Concurso de cartas ou debuxos "Agora imos andando ao cole"
  • Taller de seguridade viaria
  • Taller de chapas: realizar unha chapa cun tema de seguridade viaria
  • O detective da mobilidade: observación da contorna e as rutas, observar os puntos de risco e as necesidades de mellora
  • Taller da multa solidaria: detective da seguridade viaria na contorna familiar e urbana
  • Taller de iniciación e habilidades na bici

Cando:

Dende o 12/09/2018 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 21/06/2019

Inscrición de novos centros: por correo ancasgalicia@stopaccidentes.org ou a través do formulario en liña https://stopaccidentes.org/conocenos/actividades-de-la-asociacion-stopaccidentes/caminos-escolares-ancas/gmx-niv222.htm

Para os centros que xa participen no programa: os pais, nais ou titores/as responsables pódense inscribir directamente na ficha en liña.

Contacto:

Asociación Stop Accidentes

Avda. de Oza, 8-1º dta., local C. (15006)

Tel.: 981 289 368

ancasgalicia@stopaccidentes.org

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?