Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campacoles

A Federación Provincial de ANPAS en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP, dos CEIP do Concello da Coruña. Terá preferencia o alumnado dos CEIP que sexan sede.

Prezo / Custo:

Existen cotas por cada servizo:

  • Campamento
  • Madrugadores con almorzo
  • Madrugadores sen almorzo
  • Comedor

HORARIO

  • Campamento: de 10:00 a 14:00 h
  • Madrugadores: a partir das 8:00 h
  • Comedor: dende ás 14:00 h ata as 15:30 h

Condicións do programa

O número de prazas ofertadas para cada campamento será dun mínimo de 15 escolares e máximo de 45; e de 10 nos servizos de madrugadores e comedor.

No caso de non chegar ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

Centros onde se oferta

CEIPs do Concello da Coruña

Debe haber unha solicitude previa da ANPA, ten que estar aprobado en Consello Escolar e será valorado pola Federación Provincial de Anpas.

Cando:

Períodos de vacacións escolares: Nadal de 2019 e xullo de 2020

Inscricións:

Primeira semana de decembro de 209 e última semana de maio de 2020 (por confirmar)

Contacto:

Federación Provincial ANPAS de centros públicos

R/ Orzán, 21 - 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión