Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Catro dons para a igualdade (educación para a igualdade na preadolescencia)

Este taller trata de promover valores e actitudes igualitarias e non discriminatorias que axuden a sentar as bases dunha convivencia en igualdade partindo do coñecemento dun/dunha mesmo/a.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º curso de EP, profesorado e persoal orientador de centros educativos do termo municipal da Coruña

Obxecto:

Obxectivo xeral

Promover no alumnado o desenvolvemento de catro "dons" que contribuirán a achegar máis seguridade e benestar ás/aos menores e a sentar e afianzar as bases dunha sociedade que prime a convivencia en igualdade entre ambos os sexos, partindo do coñecemento dun/unha mesmo/a.

Correspóndese con catro "dons" que se potenciarán no alumnado:

  • Coñecerse ben a un/unha mesmo/a
  • Quererse moito
  • Ser respectuosos/as coas demais persoas
  • Saber recibir e manifestar afectos

Obxectivos específicos

  • Facilitar o coñecemento persoal e o desenvolvemento dunha identidade persoal (física e psíquica) positiva e sa.
  • Impulsar a exploración e capacidade de análise da contorna social e dos medios de comunicación que máis están a sufrir no desenvolvemento evolutivo da adolescencia e a mocidade.
  • Mostrar, con escenificacións e xogos, as vantaxes da igualdade, do bo trato e da cordialidade no contexto da vida cotiá.
  • Favorecer, a través de actividades dinámicas, a manifestación de actitudes e condutas de respecto, cooperación, empatía e igualdade entre nenos e nenas.
  • Incidir, nun ambiente de afecto e confianza, nas habilidades comunicativas para a resolución pacífica de conflitos, especialmente facendo fronte aos conflitos xurdidos da defensa dos propios dereitos de xeito non violento.

Condicións

Ofertaranse 10 talleres desta natureza ao longo do curso escolar 2018-2019. Se a demanda superase a oferta de talleres, o Concello realizará a súa adxudicación logo da previa ponderación do número de grupos solicitados por cada centro en relación coas vacantes dispoñibles.

O horario concretarase directamente co centro educativo e a duración do taller será de tres sesións de 60 minutos, secuenciadas consecutivamente e o máis próximas no tempo posible. As sesións concretaranse de forma coordinada entre o centro educativo e o Centro de Información ás Mulleres.

Contidos

  • Saúde afectivo-emocional
    • O coñecemento persoal e a identidade
    • O coñecemento dos/as demais: os sentimentos e as necesidades alleas: empatía, respecto e igualdade
    • Relacións interpersoais: relacionarse co outro sexo
  • A imaxe persoal e o consumo responsable
  • Saúde física. Hábitos de alimentación e deportivos
  • Publicidade sexista, música, cinema e series de televisión con contidos sexistas

Cando:

Dende o 01/11/2018 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 30/09/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres

Barrio das Flores - R/ Hortensias, s/n. A Coruña

Teléfono: 981 184 356

Correo electrónico: cim@coruna.es

Coordinadora: Mercedes B. Rico Rodríguez

Correo electrónico: b.rico@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?