Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Certame de monólogos cómicos en lingua galega

Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademais da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, Bacharelato e FP dos IES, CIFP e centros concertados e privados do Concello da Coruña

Horario:

Gala: de 18:00 a 21:00 h

Recepción do alumnado concursante: a partir das 16:00 h

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

A participación é voluntaria e a inscrición gratuíta do 2 ao 30 de novembro, a través da ficha específica; na que constarán os seguintes datos: nome e apelidos, NIF/NIE, idade, teléfono e correo electrónico de contacto, centro educativo, nivel, curso e grupo. E se é menor de idade, permiso dos seus pais ou titores legais.

A adxudicación farase pola orde de chegada das inscricións.

Condicións do programa

Os monólogos tratarán temas de actualidade elixidos polo persoal técnico do Servizo Municipal de Educación en tres categorías diferentes:

  • Categoría A: alumnado de 1º e 2º curso da ESO
  • Categoría B: alumnado de 2º e 4º curso da ESO
  • Categoría C: alumnado de BACH e ciclos formativos de FP.

Cada centro docente poderá presentar o alumnado participante de maneira individual ou en grupos.

Cada alumno/a que se presente individualmente representará un monólogo.

Cada grupo estará integrado por un máximo de tres alumnos/as e representará un só monólogo.

  • 1º e 2º de ESO
  • 3º e 4º de ESO
  • Bacharelato e ciclos formativos de FP

As persoas participantes menores de idade teñen que presentar unha autorización paterna ou do seu titor/a legal, xunto coa fotocopia do DNI da persoa que a asine.

O prazo para enviar os textos dos monólogos por correo electrónico a educación@coruna.es finalizará o 21 de decembro de 2018. No envío, deben figurar: o título do monólogo, o nome e apelidos do/a autor/a ou autores/as e a categoría na que participan.

Cando:

Dende o 05/11/2018 ata o 13/02/2019

A gala do concurso será o mércores 13 de febreiro de 2019, no Teatro Rosalía de Castro.

Inscricións:

Dende o 05/11/2018 ata o 30/11/2018

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel.: 981 184 200. ext: 12038

educacion@coruna.es

Organizador:

Servizo Municipal de Educación

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Documentos:

Autorización da participación de menores (66 KB)

Bases da convocatoria (240 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?