Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Concurso IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019

Acción de dinamización lingüística consistente en impulsar e organizar a participación do alumnado de EP e ESO no festival anual de curtas en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o Concello da Coruña, coa finalidade de promover a creatividade audiovisual en galego.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Categoría infantil: alumnado de 5º e 6º cursos de EP. E as curtametraxes participantes no programa "Taller de Iniciación á curtametraxe en galego".

Categoría xuvenil: alumnado de ESO, BACH e FP

Categoría absoluta: alumnado das EOI da provincia da Coruña (A Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, IES Escola de Imaxe e Son da Coruña, as Escolas de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Pablo Picasso, os Conservatorios Profesionais de Música da Coruña e Ferrol.

Horario:

Pendente de confirmación

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

O concurso inclúe a organización e realización previa dun taller de iniciación á curtametraxe, como promoción do certame. O taller está financiado polo Concello da Coruña.

Festival: 25 de abril de 2019 (por confirmar), na Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Cando:

Dende o 08/01/2019 ata o 30/04/2019

Pendente de confirmar as datas da publicación das bases do concurso

Inscricións:

Dende o 08/01/2019 ata o 12/04/2019

A data límite de recepción de curtas será o 12 de abril de 2019 (por confirmar).

As curtas presentaranse a través de calquera dos seguintes medios: - na conserxería da EOI da Coruña, presencialmente ou por correo postal; - por vía telemática, a través de calquera plataforma de transferencia en liña de ficheiros, enviando a ligazón de descarga ao correo endl.corunha@gmail.com

En calquera dos casos, deben figurar os seguintes datos: CinEOI Coruña (ENDL), nome da obra, duración, nome da/s persoa/s autora/s, enderezo electrónico, centro no que estuda e, no caso do alumnado das Escolas de Idiomas, tamén curso, grupo e idioma.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12038

educacion@coruna.es

Requisitos:

O tema das curtametraxes é libre e a súa duración non superará os 10 minutos.

As obras deben ser en lingua galega e poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI.

A obra presentarase en formato dixital e poderá realizarse con calquera medio de gravación (videocámara, cámara dixital, cámara de móbil, tableta etc.).

Acéptanse traballos do 2018, sempre que non participasen xa na edición anterior do CinEOI Coruña Curtas.

Organizador:

Escola Oficial de Idiomas da Coruña, en colaboración co Concello da Coruña

Enderezo:

Rúa Educación 1. 15011 A Coruña

Máis información:

Anabel Fernández. Equipo Dinamización Lingüística

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

R/ Educación, 1, 15011 A Coruña

Tel.: 981 279 100

endl.corunha@gmail.com

www.eoicoruna.org

Facebook: ENDL A Coruña/ENDL da EOI da Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?