Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

"Converxencias, arte e ciencia". Visitas escolares á exposición e taller

A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do Concello da Coruña.

No caso de que queden sesións sen cubrir, abrirase a inscrición a outros centros educativos de Galicia.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de EP, á Escola de Arte e á Universidade da Coruña.

Horario:

O 18 de xaneiro de 2018, ás 18.00 h: inauguración e posterior presentación animada

Do 21 a 25 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.45 a 12.45 h e de 12.30 a 14.30 h.

Do 21 a 24 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

O servizo de transporte para os centros educativos do municipio da Coruña correrá a cargo do Servizo Municipal de Educación.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Desenvolverase no Centro Ágora, no lugar da Gramela, 17, 15010, A Coruña.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.

A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e remata con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

A exposición implicitamente denota taller-exposición, coa seguinte estrutura:

• Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.

• Parte expositiva:

- paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análise.

- obras de arte dixital impresas en 3D

• Talleres para implementar a parte expositiva. En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes talleres:

- teselar con polígonos

- xogando co polidrón

-creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose...

- tramas e ilusións ópticas

- espirais de Fibonacci

- banda de Möebius

Cando:

Dende o 18/01/2019 ata o 25/01/2019

O 18 de xaneiro de 2018: inauguración e posterior presentación animada de Juan Gris seguida de visita abreviada especialmente para o profesorado e para o público xeral.

Do 21 a 25 de xaneiro: visitas e talleres para os centros educativos

Do 21 a 24 de xaneiro: parte expositiva aberta ao público en xeral

Inscricións:

Dende o 10/12/2018 ata o 11/01/2019

A través da ficha de inscrición que se abrirá na páxina web de IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Prazo de inscrición: do 10 ao 21 de decembro de 2018 para os centros educativos do Concello da Coruña.

E, no caso de que queden prazas libres, do 8 ao 11 de xaneiro de 2019 para os centros educativos doutros concellos.

Contacto:

IGACIENCIA. Inés Ben secretaria@igaciencia.org

SME: Ana Judel. educacion@coruna.es. Tel.: 981 184 200 ext. 12038

Requisitos:

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as, máximo 50 por sesión.

É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org

Organizador:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Documentos:

Proxecto da exposición do 2019 (292 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?