Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cóxegas

Programa de fomento da conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP de centros públicos (CEIP) da cidade

Horario:

De luns a venres, de 16.00 a 18.00 h

Prezo / Custo:

15 € por cada período

Obxecto:

Programa que ten como obxectivos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.

A Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer e Deporte que realizamos nos CEIP da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixarlles aos seus fillos e ás súas fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Este programa ofrécelle ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, ... baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual.

Cando:

Dende o 12/09/2018 ata o 22/06/2019

1º período: do 12 ao 29 de setembro de 2018

2º período: do 3 ao 21 de xuño de 2019

Inscricións:

Dende o 03/09/2018 ata o 10/05/2019

Inscrición para os centros

Do 12 ao 30 de setembro de 2018

Ficha de solicitude xeral

Inscrición para o alumnado

No lugar e horario que estableza a ANPA de cada centro

Prazo:

Período 1: a partir do 3 de setembro de 2018

Período 2: do 6 ao 10 de maio de 2019

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext: 12038

Fax: 981 184 370

Requisitos:

Precísase un mínimo de 10 escolares inscritos/as para a formación de grupos.

Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.

Máis información:

Federación Provincial das ANPA de centros públicos da Coruña

R/ Orzán, 21. 15002 A Coruña

Tel.: 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Documentos:

Díptico informativo Cóxegas 2018/19 (822 KB)

Folla de inscrición (730 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?