Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Deporte no centro 2020-2021

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos do municipio.

Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculadas/os nel, sempre que for xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e da dispoñibilidade de recursos.

Horario:

De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h

As actividades do programa teñen unha periodicidade de dúas sesións alternas á semana, dunha hora cada unha.

En datas de realización de actividades especiais ou competicións e torneos, este horario pode verse incrementado nunha hora máis.

Prezo / Custo:

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades.

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPA de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: até decembro de 2020 e de xaneiro a maio de 2021.

De outubro a decembro de 2020:

• 1 fillo/a: 15 € por cada actividade

• 2 fillos/as: 12 € por cada actividade e fillo/a

• 3 fillos/as: 10,50 € por cada actividade e fillo/a

• Máis de 3 fillos/as: 9 € por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2021:

• 1 fillo/a: 25 € por cada actividade

• 2 fillos/as: 20 € por cada actividade e fillo/a

• 3 fillos/as: 17,50 € por cada actividade e fillo/a

• Máis de 3 fillos/as: 15 € por cada actividade e fillo/a

Ademais, deberán aboar una unha única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA para o curso 2020/2021.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesma/o e coas demais persoas.

• Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade acadado (deporte para todos) aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.

• Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.

• Desenvolver as habilidades motrices básicas, así como as específicas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas .

• Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que orienten o alumnado á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

MODALIDADES DEPORTIVAS

E. infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.

1.º e 2.º cursos de educación primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.

De 3.º a 6.º cursos de educación primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I), fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aeróbic (I), patinaxe (I), hóckey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I) ,vóleibol (I), esgrima (I) e hóckey sala (I).

ESO, bacharelato e FP: multideporte (II), baloncesto (II), balonmán (II), fútbol sala (II), tenis (II), atletismo (II), baile moderno (II), ximnasia rítmica (II), aeróbic (II), patinaxe (II), hóckey a patíns (II), xadrez (II), ximnasia artística (II), capoeira (II), deportes alternativos (II), voleibol (II), esgrima (II) e hóckey sala (II).

En prepatinaxe, patinaxe e hóckey a patíns será obrigatorio que utilicen proteccións (casco, pulseiras e xeonlleiras) as/os participantes que aínda non teñan 2 anos de experiencia. Para as e os demais, o uso de proteccións é moi recomendable.

Deportes alternativos: terán cabida aqueles deportes minoritarios como o dodgeball, quiditch, fútbol gaélico, ultimate...

ACTIVIDADES ESPECIAIS

Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outras e outros participantes.

• Encontros lúdicos: son propostas de actividades psicomotrices para escolares de EI, e para as/os participantes nas actividades de xogos, xogos rítmicos e xogos tradicionais.

• Encontros deportivos: baséanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de EP, ESO e BAC que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por idades e/ou deportes.

• Exhibicións: para todas e todos os participantes nas actividades que contan con base musical e/ou coreográfica, programaranse exhibicións ou mostras enque se amose todo o que foron aprendendo no curso.

Inscricións:

Dende o 01/09/2020 ata o 25/09/2020

Do 1 ao 20 de setembro de 2020 para os CEIP, e até o 25 de setembro no caso dos IES e CIFP.

A inscrición realizarase en liña: fedapascoruna.org/inscricións

Unha vez iniciadas as sesións, poderá haber altas se quedaren prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200, exts. 22013 e 12047

Requisitos:

A ratio mínima para formar grupo será de 12 e a máxima será de 20 participantes, a partir do cal se abrirá unha listaxe de agarda.

A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que realice cada centro educativo, a través da ANPA ou da entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Así mesmo, a formación dos grupos estará suxeita ao número de persoas solicitantes e á diferenza de idades entre elas.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar os espazos axeitados para realizar as actividades deportivas do programa.

Recursos humanos:

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas características especiais precisen unha educadora ou educador de reforzo.

Máis información:

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tels.: 981 202 002 e 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión