Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Deporte no centro

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio.

Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e a dispoñibilidade de recursos.

Horario:

De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h

As actividades do programa teñen unha periodicidade de dúas sesións alternas á semana, dunha hora de duración cada unha.

En datas de realización de actividades especiais ou competicións e torneos, este horario pode verse incrementado nunha hora máis.

Prezo / Custo:

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades.

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: ata decembro de 2019 e de xaneiro a maio de 2020.

De outubro a decembro de 2019:

• 1 fillo/a: 15€ por cada actividade

• 2 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

• 3 fillos/as: 10,50€ por cada actividade e fillo/a

• Máis de 3 fillos/as: 9€ por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2020:

• 1 fillo/a: 25€ por cada actividade

• 2 fillos/as: 20€ por cada actividade e fillo/a

• 3 fillos/as: 17,50€ por cada actividade e fillo/a

• Máis de 3 fillos/as: 15€ por cada actividade e fillo/a

Ademais, deberá abonar una unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAS para o curso 2019/2020.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.

• Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado (Deporte para todos), aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.

• Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.

• Desenvolver as habilidades motrices básicas, así como as específicas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas .

• Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que as/os orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

MODALIDADES DEPORTIVAS

E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaje (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.

1.º e 2.º cursos de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaje (II), preajedrez, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.

De 3.º a 6.º cursos de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I),fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe(I), hockey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I) ,voleibol (I), esgrima (I) e hockey sala (I).

ESO, Bacharelato e FP: multideporte(II), baloncesto (II), balonmán (II), fútbol sala (II), tenis (II), atletismo(II), baile moderno (II), ximnasia rítmica (II), aerobic (II), patinaxe (II), hockey a patíns (II), xadrez (II), ximnasia artística (II), capoeira (II), deportes alternativos (II), voleibol (II), esgrima (II) e hockey sala (II).

En prepatinaje, patinaxe e hockey a patíns será obrigatorio o uso de proteccións (casco, pulseiras e rodilleras) para os/as participantes que aínda non teñan 2 anos de experiencia. Para o resto o uso de proteccións é moi recomendable.

Deportes alternativos: terán cabida aqueles deportes minoritarios como o Dodgeball, Quiditch, Fútbol Gaélico, Ultimate,...

ACTIVIDADES ESPECIAIS

Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outros/outras participantes do mesmo.

• Encontros Lúdicos: son propostas de actividades psicomotrices para escolares de EI, e para os/as participantes nas actividades de xogos, xogos rítmicos e xogos tradicionais.

• Encontros Deportivos: baséanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de EP, ESO e BACH que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por idades e/ou deportes.

• Exhibicións: Para todos os/as participantes nas actividades que teñen base musical e/ou coreográfica programaranse exhibicións ou mostras nas que se mostre todo o aprendido no curso.

Cando:

Dende o 01/10/2019 ata o 29/05/2020

Inscricións:

Dende o 02/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Inscrición do alumnado:

Do 2 ao 13 de setembro de 2019.

Lugar de inscrición: no local do ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa.

Para formalizar a inscrición deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Unha vez iniciadas as sesións poderá haber altas a condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

981 184 200 ext. 22013 e 12047

Requisitos:

A cociente mínima para formar grupo será de 12 e a máxima será de 20 participantes, a partir do cal se abrirá unha listaxe de espera.

A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través dá ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Así mesmo, a formación dos grupos estará suxeita ao número de solicitantes e á diferenza de idades entre os mesmos.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.

Recursos humanos:

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable unha única persoa educadora; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características precisen dun/a educador/a de reforzo.

Máis información:

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Documentos:

Díptico informativo Deporte no centro 2019/20 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión