Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Educación viaria coa Policía 2020-2021

O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria das/os escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e polo tanto, viarias.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP, e EE

Obxecto:

  • Aprender coñecementos relativos ao tráfico adaptados a cada idade: sinais, normas...
  • Adquirir hábitos correctos relacionados coa seguridade viaria como peoas e peóns, pasaxeiras/os dos vehículos de motor ou ciclomotores e como condutoras/es de bicicletas.
  • Coñecer a contorna urbana e arredores do seu centro educativo.
  • Tomar conciencia dos riscos de condutas imprudentes no tráfico.
  • Reflexionar sobre a mobilidade sustentable: a contaminación ambiental e acústica provocada polo tráfico.
  • Achegar a figura da policía local como alguén próximo que lles ensina a moverse pola cidade de forma segura.

Todas as persoas somos usuarias das vías públicas. O tráfico e a nosa mobilidade en xeral, ben como peóns, persoas condutoras ou pasaxeiras, é unha das vantaxes do progreso, pero aínda temos que traballar para minimizar os inconvenientes que tamén implica: as vítimas por accidentes e a deterioración ambiental.

A Policía Local é a organización profesional e pública con formación especializada en tráfico e mobilidade, así como a única con competencias neste ámbito dentro do centro urbano, por tanto, a lei encoméndanos unha das funcións máis importantes: a prevención. A educación viaria é a mellor prevención que existe, así nolos demostran as estatísticas, xa que os países con menos sinistralidade son os que máis esforzos dedican á formación en educación viaria. Por isto, dispoñemos dunha policía con formación en psicopedagoxía que se encarga do deseño e implementación dos programas de educación viaria dirixidos ao alumnado da nosa cidade. Estes programas están deseñados para adaptarse ás necesidade e diversidade dos grupos. Buscan o fundamento dunha mellor seguridade viaria para todos e todas.

Dispoñemos de varias modalidades en función das idades dos grupos:

  1. "Charlas de sensibilización" para alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional
  2. "Coruña móvese in-diferente" para asociacións e centros educativos de persoas con diversidade funcional
  3. "Circuítos viarios" para alumnado de 2.º ciclo de Educación Primaria
  4. "Multa ou flor" para alumnado de Educación Primaria
  5. "Os parruliños coñecen a rúa" para alumnado de Educación Infantil de 3 a 5 anos
  6. "Rodando pola nosa historia" para alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria e alumnado da ESO
  7. "Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico" para todas as idades

Condicións do programa

É un programa flexible, que se pode adaptar ás limitacións horarias dalgúns cursos ou centros.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Servizo municipal de Policía Local

Silvia Castro Rodríguez

Tel. 981 184 200, ext.: 13062/88059

Móbil: 673 066 007

s.castro@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión