O título do programa componse de dúas palabras:
1) ENGLISH: fai referencia ao idioma inglés, que é o núcleo sobre o que xira o programa.
2) LAB: é abreviatura de "laboratory", para formular os "experimentos" que darán lugar á interacción da lingua inglesa con diferentes áreas de contidos.
Deste xeito, expresa a capacidade e potencial creativos que demandará o programa do alumnado participante e que se pretende manifestar coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Alumnado dos CEIP da cidade que estean cursando primaria e secundaria.
O alumnado estrutúrarase en grupos cun máximo de 14 participantes en educación primaria e secundaria, preferentemente do mesmo ciclo educativo. Poderá chegar a considerase a convivencia nun mesmo grupo de alumnado de dous ciclos educativos.
Obxectivos xerais:
Obxectivos específicos:
Metodoloxía
A primeira característica que debe ser tida en conta para definir a metodoloxía do programa é o contexto de actividade complementaria dentro do centro escolar. Segundo o expresado no apartado dedicado aos obxectivos, a contorna lúdica e a participación activa do alumnado serán os signos de identidade da actividade. Por todo iso, empregarase unha metodoloxía que reforce a contorna de diversión nunha actividade complementaria e que pretende enriquecer o tempo de lecer formativo das e dos participantes. Atenderase aos intereses do alumnado apoiándose permanentemente nas habilidades derivadas do uso oral do inglés, con actividades enfocadas a resolver as necesidades da actividade cotiá.
Actividades
Ao ser unha das principais intencións educativas a de usar o inglés como ferramenta transversal para a educación integral do alumnado, resulta fácil deducir que a variedade e a riqueza, en moi diferentes campos de coñecemento, caracterizarán as actividades para empregar na posta en práctica do programa. En todas elas, destacará o uso dun proceso comunicativo apoiado na faceta oral da lingua inglesa. Como non podería ser doutro xeito, as propostas de actividades contarán coa adaptación correspondente a cada etapa educativa.
Avaliación
Instaurarase un proceso de avaliación continua, o cal permita a readaptación constante dos niveis requiridos con relación aos coñecementos do alumnado, e así conservar un axuste permanente no proceso educativo, que manteña en alerta as e os participantes. Para iso, empregaremos ordinariamente ferramentas de avaliación oral por medio de entrevistas, de conversacións, de exposicións, de postas en común..., co fin de valorar o nivel individual do alumnado. De forma extraordinaria, dúas ou tres veces no curso, realizaranse postas en común grupais ou creacións en soporte audiovisual que sirvan de mostra, e ao mesmo tempo de avaliación, do nivel de progresión en relación cos obxectivos principais do programa.
Datas por determinar
Importante: a realización deste programa está condicionada á evolución da pandemia da COVID-19.
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición a través de http://fedapascoruna.org/inscripciones/.
Federación de ANPAS decentros públicos
C/ Orzán, 21. 15003 A Coruña
Tel. 981 202 002 / 981 201 877
Servizo municipal de Educacion
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible