Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

English Lab 2020-2021

O título do programa componse de dúas palabras:

1) ENGLISH: fai referencia ao idioma inglés, que é o núcleo sobre o que xira o programa.

2) LAB: é abreviatura de "laboratory", para formular os "experimentos" que darán lugar á interacción da lingua inglesa con diferentes áreas de contidos.

Deste xeito, expresa a capacidade e potencial creativos que demandará o programa do alumnado participante e que se pretende manifestar coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos CEIP da cidade que estean cursando primaria e secundaria.

O alumnado estrutúrarase en grupos cun máximo de 14 participantes en educación primaria e secundaria, preferentemente do mesmo ciclo educativo. Poderá chegar a considerase a convivencia nun mesmo grupo de alumnado de dous ciclos educativos.

Horario:

    Obxecto:

    Obxectivos xerais:

    • Fomentar o coñecemento do inglés nun contexto lúdico que reporte unha experiencia positiva durante o proceso de aprendizaxe.
    • Adquirir competencia comunicativa en inglés sobre aspectos centrados na súa faceta oral, escoita e fala.
    • Desenvolver unha oferta complementaria, no marco do ensino público, baseada na lingua inglesa, que favoreza a conciliación da vida familiar e laboral.

    Obxectivos específicos:

    • Realizar unha inmersión no dito idioma estranxeiro adaptándose ás características das diferentes etapas educativas e potenciando a vertente lúdica das distintas propostas.
    • Propiciar a interrelación dos contidos propios da lingua inglesa con disciplinas e actividades atractivas para as e os participantes que reforcen a formación integral das persoas.
    • Mellorar a capacidade de escoita comprensiva a través de recursos baseados en centros de interese, os cales promovan a participación activa do alumnado.
    • Potenciar a expresión oral baseándose en temáticas que resultaren motivantes para o alumnado, nun contexto de confianza e relaxación.
    • Adquirir seguridade e soltura na comunicación oral en lingua inglesa, co fin de favorecer o seu uso cotián.
    • Enriquecer a proposta educativa complementaria que as ANPA ofrecen nos centros públicos do municipio da Coruña.
    • Reforzar a oferta educativa, de forma que posibilite atender as necesidades de conciliación das familias con alumnado desde educación infantil até educación secundaria.

    Metodoloxía

    A primeira característica que debe ser tida en conta para definir a metodoloxía do programa é o contexto de actividade complementaria dentro do centro escolar. Segundo o expresado no apartado dedicado aos obxectivos, a contorna lúdica e a participación activa do alumnado serán os signos de identidade da actividade. Por todo iso, empregarase unha metodoloxía que reforce a contorna de diversión nunha actividade complementaria e que pretende enriquecer o tempo de lecer formativo das e dos participantes. Atenderase aos intereses do alumnado apoiándose permanentemente nas habilidades derivadas do uso oral do inglés, con actividades enfocadas a resolver as necesidades da actividade cotiá.

    Actividades

    Ao ser unha das principais intencións educativas a de usar o inglés como ferramenta transversal para a educación integral do alumnado, resulta fácil deducir que a variedade e a riqueza, en moi diferentes campos de coñecemento, caracterizarán as actividades para empregar na posta en práctica do programa. En todas elas, destacará o uso dun proceso comunicativo apoiado na faceta oral da lingua inglesa. Como non podería ser doutro xeito, as propostas de actividades contarán coa adaptación correspondente a cada etapa educativa.

    Avaliación

    Instaurarase un proceso de avaliación continua, o cal permita a readaptación constante dos niveis requiridos con relación aos coñecementos do alumnado, e así conservar un axuste permanente no proceso educativo, que manteña en alerta as e os participantes. Para iso, empregaremos ordinariamente ferramentas de avaliación oral por medio de entrevistas, de conversacións, de exposicións, de postas en común..., co fin de valorar o nivel individual do alumnado. De forma extraordinaria, dúas ou tres veces no curso, realizaranse postas en común grupais ou creacións en soporte audiovisual que sirvan de mostra, e ao mesmo tempo de avaliación, do nivel de progresión en relación cos obxectivos principais do programa.

    Cando:

    Datas por determinar

    Importante: a realización deste programa está condicionada á evolución da pandemia da COVID-19.

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

    Inscrición a través de http://fedapascoruna.org/inscripciones/.

    Contacto:

    Federación de ANPAS decentros públicos

    C/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

    Tel. 981 202 002 / 981 201 877

    Servizo municipal de Educacion

    educacion@coruna.es

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión