Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Falamos

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Todas as actividades deste programa van ser gratuítas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Ao alumnado dos CEIP ofrecemos 12 pases escolares de "Merenda con pan de millo", de Migallas Teatro. Durará 60 min e será gratuíta.

Ao alumnado dos IES e dos CIFP do Concello da Coruña ofrecémoslle 2  pases de "Universo coruñento" (a grande viaxe cara ao espazo interior).  con Xurxo Souto. Durarán  60-75 min e serán gratuítos.

Espectáculo

Nivel

Datas

Hora

Capacidade

Lugar

Merenda con pan de millo, de Migallas Teatro

6.º de infantil e 1.º, 2.º e 3.º de primaria

4, 5, 7, 8, 11, 12 e 14 de novembro

4 de novembro: 12.00 h

5, 7, 8, 11 e 12 de novembro: 10.00 e 12.00 h

14 de novembro: 10.00 h

150 por pase

Auditorio do Centro Cívico dos Mallos

"Universo coruñento" (a grande viaxe cara ao espazo interior), con Xurxo Souto

ESO - BAC - FP

13 de novembro

10.00 e 12.00 h

150 por pase 

Auditorio do Centro Ágora

Cando:

Dende o 04/11/2019 ata o 14/11/2019

Inscricións:

Dende o 18/10/2019 ata o 28/10/2019

Para participar nesta actividade, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o venres 18 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono da/s persoa/s que van vir á actividade acompañando o alumnado e sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertadas, o luns 28 de outubro abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.

Contacto:

Centro Ágora, lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña

Tel.: 981 184 200, exts. 34311 e 34310

lingua@coruna.es

Persoa coordinadora do programa: Nuria Seoane Bouzas

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?