Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Ciclos formativos e Educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a titorización/mentorización dos seus proxectos empresariais.
Só da Coruña
Emprego
Complementaria
Alumnado de:
FP
Ensinanzas especiais (Educación superior)
Condicións do programa
Horarios adaptados a cada centro educativo
Entidade colaboradora
IGAPE
Contidos
O programa articúlase a través dun itinerario flexible, coordinando a docencia do profesorado do centro educativo cos módulos Inicia para que estes sirvan de apoio durante a elaboración do proxecto:
Metodoloxía
Impártense catro módulos de formación teórico-práctica a través dos cales se tutoriza a elaboración de proxectos empresariais. Tres módulos son presenciais e un deles, o segundo de tutorización, preferentemente online.
O alumnado que o desexe poderá realizar unha simulación de presentación do seu proxecto para poñer en práctica o aprendido no módulo 4.
Os proxectos elaborados poderán ser presentados á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Na devandita Feira, na que participan 15 proxectos, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras.
Dende o 14/10/2020 ata o 31/03/2021
Setembro - Outubro: Período de información ao profesorado dos centros, coordinación e organización de sesións.
Outubro - Febreiro: Desenvolvemento da formación e tutorización (4 módulos).
Principios de marzo: Prazo de entrega de proxectos.
Segunda quincena de marzo: Feira de Ideas.
Este evento xa rematou
Dende o 15/09/2020 ata o 10/10/2020
Inscrición para os centros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible