Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Intercambios escolares

Programa que promove e facilita os intercambios entre os centros educativos sostidos con fondos públicos do municipio con centros doutras comunidades autónomas e doutros países, organizando visitas e itinerarios e a realización de actividades de acordo coa natureza do intercambio.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Centros educativos sostidos con fondos públicos de educación secundaria do concello.

Número máximo de participantes: 50 alumnos/as e 2 docentes responsables como mínimo (non exceder de 55 persoas).

O SME acordará coas persoas responsables do intercambio:

  • A recepción e visita guiada polo Concello.
  • As visitas e itinerarios gratuítos organizados dentro do programa "A Coruña de aventura: rutas e itinerarios".
  • Se procedese, a realización de actividades para as persoas participantes no intercambio.

Se fose necesario, o transporte do grupo nos seus desprazamentos pola cidade (só para alumnado de centros educativos públicos).

Condicións do programa

Os centros deben confirmar o intercambio antes do 31 de xaneiro de 2018, coa presentación dun proxecto de intercambio cos seguintes apartados:

  • Nome do centro
  • Nome e apelidos da persoa coordinadora
  • Núm. definitivo de alumnado e curso dos centros participantes
  • Datas definitivas do intercambio
  • Programa de actividades para realizar durante a estancia na Coruña

O servizo de transporte adxudicarase en función da valoración do interese educativo do "proxecto de actividades" presentado polos centros e a dispoñibilidade orzamentaria.

Cando:

Dende o 01/01/2020 ata o 31/05/2020

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica "A Coruña non Mundo: Intercambios escolares"

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019 (poderá abrirse un segundo prazo, en función da demanda.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión