Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Itinerarios 2020-21

Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado desde 3.º a 6.º de EP, de ESO e BACH dos centros escolares do concello

Horario:

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a en concepto de cota. Unha vez confirmados os itinerarios e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo para realizar o ingreso, o custo total por aula e o modo de ingreso da cota.

Itinerarios que se ofertan

3.º e 4.º EP

  • O mozo Picasso: da casa ao colexio. Itinerario SMART
  • A cidade de María Pita

5.º e 6.º EP

  • Quen é quen?
  • A Coruña: praza forte do Reino de Galicia. Itinerario SMART
  • Prazas con poder. Itinerario SMART

1.º e 2.º ESO

  • Camiño real. Itinerario SMART
  • Personaxes da cidade
  • Isabel Zendal e os nenos da varíola

3.º e 4.º ESO e BACH

Itinerarios SMART. É unha versión dixital do mesmo percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de lles dar a coñecer a cidade ás/aos escolares a través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, a arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Condicións do programa

  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo-clase.
  • Necesidade da presenza do/a profesor/a do grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta adxudicarase por rigorosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte
    • O transporte facilítao o concello.
    • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pódese axustar en función da distancia do colexio ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
    • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial das ANPA de centros públicos

R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 01/03/2021 ata o 18/06/2021

A realización do programa virá determinada pola evolución da pandemia da COVID-19. Nas datas indicadas abrimos o prazo de inscrición e antes da posta en marcha do programa revisaremos as condicións do seu desenvolvemento para adaptalo aos protocolos de aplicación para a prevención fronte á COVID-19.

A data de inicio e fin pode sufrir modificacións en función da demanda de prazas.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral (para cubrir o centro) e Ficha de solicitude específica (para cubrir o centro)

Do 15 de setembro ao 6 de outubro de 2020

Contacto:

Federación das ANPA de centros públicos

R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión