Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Itinerarios

Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado desde 3º a 6º de EP, de ESO e de BACH dos centros escolares do concello

Horario:

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo ,notificaranse o prazo e modo de ingreso da cota.

Itinerarios que se ofertan

3º e 4º EP

  • O mozo Picasso: da casa ao colexio. Itinerario SMART
  • A cidade de María Pita

5º e 6º EP

  • Prazas con poder. Itinerario SMART
  • A Coruña: praza forte do Reino de Galicia. Itinerario SMART

1º e 2º ESO

  • Personaxes da cidade
  • Praza monumental

3º e 4º ESO e BACH

Itinerarios SMART. É unha versión dixital do mesmo percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de lles dar a coñecer á cidade aos escolares a través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, a arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Condicións do programa

  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo-clase.
  • Necesidade da presenza do profesor/a do grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte
    • O transporte facilítao o Concello.
    • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do colexio ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso se pode exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
    • Os centros que necesiten transporte adaptado débeno solicitar previamente.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21.15002 A Coruña

Tel.: 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 01/04/2019 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 12/10/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 12 de setembro ao 12 de outubro de 2018

Contacto:

Federación das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 18 42 00 Ext.: 12047

Fax: 981 18 43 70

educacion@coruna.es

Documentos:

Itinerarios 2017-2018 (254 KB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?