Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Listen and Speak Primaria 2020-21

Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa. Orientado á certificación internacional do Trinity College London, de acordo cos niveis do Marco Europeo das Linguas.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos CEIP da cidade que estea a cursar 3º a 6º de EP.

Cociente mínimo de 10 e máximo de 15 participantes.

Trimestralmente faremos unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén o cociente mínimo, de non ser así e logo do previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.

Horario:

Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:

Prezo / Custo:

15 € mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realízase a comezos de outubro, unha vez que sexa admitido no programa.

Adxudicación de prazas

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As listas de persoas admitidas provisionais publicaranse en:

Primeira rolda: o luns 23 de setembro

Segunda rolda: o martes 15 de outubro 

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedaren prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

A distribución e organización dos grupos nos centros farase en función da demanda e do nivel da persoa participante.

Criterios para a admisión

  • 1º. Escolares do propio centro seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
  • 2º. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor).

Certificación de nivel

Certificación das capacidades alcanzadas por parte do Trinity Collegue de acordo cos niveis do Marco Común Europeo das Linguas.

Centros onde se oferta

  • CEIP Anxo da Garda
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP Emilia Pardo Bazán
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP José Cornide Saavedra
  • CEIP Labaca
  • CEIP María Barbeito
  • CEIP María Pita
  • CEIP Manuel Murguía
  • CEIP de Prácticas
  • CEIP Raquel Camacho
  • CEIP Rosalía de Castro
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Zalaeta

Os centros que non están na listaxe e que desexen participar no programa este curso poden poñerse en contacto no correo listenandspeak@fedapas.org

Cando:

Os novos grupos que se vaian formando empezarán as clases a comezos do mes seguinte.

O alumnado admitido nestes grupos será avisado pola Federación das ANPA.

As baixas no programa débenselle comunicar á Federación das ANPA.

Inscricións:

Dende o 03/09/2019 ata o 11/10/2019

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Inscrición alumnado

Ficha de solicitude específica "A Coruña Linguas: Listen and Speak"

Primeira rolda: Do 3 ao 18 de setembro de 2019

Segunda rolda: Do 1 ao 11 de outubro de 2019

As listas de admitidos provisionais publicaranse

Primeira rolda : o luns 23 de setembro

Segunda rolda: o martes 15 de outubro

na web educativa: www.coruna.es/educacion

A formalización da matrícula faise no local do ANPA do centro onde se vai a impartir o programa.

    Contacto:

    Federación de ANPAS de centros públicos

    R/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

    Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

    listenandspeak@fedapascoruna.org

    Servizo Municipal de Educación

    Teresa Delgado

    Tel.: 981 184 200 - Ext. 12039

    educacion@coruna.es

    Documentos:

    listen_and_speak_PRIMARIA_2019_folleto.pdf (3 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión