Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Movemento sustentable 2020-2021

O 40% da produción enerxética final destínase ao transporte nas súas diferentes modalidades. O 15% é utilizado polas familias no seu vehículo particular. Se engadimos a parte de enerxía que se precisa para fabricar e manter os vehículos e as infraestruturas necesarias, esta demanda elévase até o 50%. Practicamente o 100% dos combustibles teñen a súa orixe en derivados do petróleo, o que supón unha dependencia dun recurso non renovable, escaso e que importamos. A educación, a saúde, o emprego ou o lecer deben resultar accesibles para todas e todos, independentemente de que dispoñamos ou non de coche.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EP (4.º e 5.º), ESO (3.º), BAC (2.º) e EE

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" e "Valores Sociais e Cívicos" en EP, "Xeografía e Historia" na ESO e "Xeografía" en BAC.

Obxecto:

  • Concienciar sobre unha mobilidade responsable: que as nosas decisións individuais e os nosos usos cotiáns axuden a conseguir unha economía baixa en carbono.
  • Analizar a mobilidade na Coruña: transporte urbano colectivo, carrís bici, desprazamentos camiñando aos colexios, peonalizacións e obxectivos futuros de mobilidade.
  • Visibilizar a accesibilidade: ramplas, escaleiras mecánicas, pasamáns, seguridade viaria, zonas de aparcadoiro de bicicletas, sóftware asociado ao uso do transporte público, contornas amables e humanas como futuro urbano sustentable.

Estrutura

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid-19, son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, atendendo ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 até que remate o curso escolar.

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

Tel.: 981 903 834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión