Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Ocio educativo

Programa multidisciplinar estruturado en cinco talleres que posibilitan unha formación integral, co xogo como principal ferramenta de intervención educativa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e 1º, 2º, 3º e 4º de EP dos centros educativos públicos do concello.

  • O cociente mínimo para formar grupo será de 12 participantes agrupados por tramos de idade (2-3 cursos consecutivos).
  • As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e dispoñibilidade de recursos.
  • Os grupos que non cumpran estes criterios poderán ser valorados pola Fed. Prov. das ANPA para a súa validación.

Horario:

O horario é de luns a venres, das 16.00 h ás 18.00 h en horario ininterrompido.

Cada taller do programa realízase no día da semana que asigne a ANPA, tendo en conta a dispoñibilidade de espazos do centro.

Prezo / Custo:

Existen dúas MODALIDADES de participación no programa:

  • Modalidade completa: 5 días á semana (de luns a venres, total 10 h semanais)
  • Modalidade parcial: de 1 a 4 días á semana (2 horas diarias)

En ningún caso a asistencia será só dunha hora diaria.

Cada unha delas ten establecida unha cota dividida en 3 PERÍODOS ao longo do curso:

  • 1º período: de outubro a decembro
  • 2º período: de xaneiro a marzo
  • 3º período: abril e maio

COTAS POR PERÍODOS E MODALIDADES:

De outubro a decembro e de xaneiro a marzo

  • MODALIDADE COMPLETA: cota por período: 36 €
  • MODALIDADE PARCIAL: cota por período: *1 día: 12 € / *2 días: 18 € / *3 días: 24 € / *4 días: 30 €

De abril a maio:

  • MODALIDADE COMPLETA: 24 €
  • MODALIDADE PARCIAL:*1 día: 8 € / *2 días: 12 € / *3 días: 16 € / *4 días: 20 €

Ademais, deberá aboar unha única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAS para o curso 2019/2020.

O programa presenta unha composición multidisciplinar estruturada en actividades que posibilitan unha formación integral co xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Como complemento ao programa, poderanse organizar visitas didácticas aos equipamentos científicos e culturais da cidade nos que os/as escolares participarán en propostas elaboradas e adaptadas á súa idade e intereses.

Os talleres para o curso 2019/2020 son:

  • EUREKA!.. Esperta a mente e agudiza o teu enxeño con xogos de estratexia, de mesa, dos quebracabezas, ilusións ópticas, e como non, da maxia e dos experimentos científicos.

  • ENXEBRE. Descubre a maxia da nosa tradición a través de xogos, contos, bailes e cantigas populares.

  • O RITMO DO SON. Divírtete xogando coa música e cos instrumentos, cantando e bailando ao compás dos movementos e ritmos máis creativos.

  • ESCOLA DE ACTORES. Inventa historias, crea os personaxes, deseña o atrezzo e representa contos, só con imaxinación e moito, moito teatro!

  • FEITO Á MAN. Deseña as túas propias creacións e xoguetes con materiais e técnicas como a goma eva, a pasta de modelar, feltro, material de reciclaxe etc.

Por outra banda, o alumnado, dependendo do taller no que participe, intervirá noutras accións educativas como a Feira Matemática, o Día da Ciencia na Rúa etc.

Centros nos que se oferta:

CEE Nosa Señora do Rosario

CEE Nosa Señora de Lourdes

CEIP Anxo da Garda

CEIP Curros Enríquez

CEIP Emilia Pardo Bazán

CEIP Eusebio da Guarda

CEIP José Cornide

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP Labaca

CEIP Manuel Murguía

CEIP María Barbeito

CEIP María Pita

CEIP Prácticas

CEIP Raquel Camacho

CEIP Rosalía de Castro

CEIP Sagrada Familia

CEIP Sal Lence

CEIP Salgado Torres

CEIP San Francisco Xabier

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Víctor López Seoane

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

CEIP Zalaeta

Cando:

Dende o 01/10/2019 ata o 29/05/2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición para os centros:

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Inscrición do alumnado:

Do 2 ao 13 de setembro de 2019

Lugar de inscrición: no local da ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa.

Para formalizar a inscrición deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta e aboar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Unha vez iniciadas as sesións poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar espazos adecuados para a realización dos módulos do programa. Cada grupo de participantes deberá contar cun espazo ou aula de referencia.

Máis información:

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Documentos:

Díptico informativo Lecer Educativo 2019/2020 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión