Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Pleno infantil 2019-20

O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente ofrece, aos centros escolares da cidade, a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º ciclo de EP.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN), é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez recoñécese que os nenos e nenas son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante, expón as conclusións do material traballado previamente na aula.

Cada centro participante, traballa ao redor dun dereito dos recolleitos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. É por elo que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.

Entidades colaboradoras

UNICEF

Cando:

Dende o 01/11/2019 ata o 29/11/2019

O Pleno Infantil realizarase o mércores 20 de novembro ás 12:00 horas.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Para inscribirse nesta actividade é necesario enviar un correo electrónico á.botana@coruna.es indicando: nome do centro educativo, curso, número de alumnos/as da aula e profesor/a de contacto.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana Pérez

Tel. 981 18 42 00 ext 12041

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión