Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Pleno infantil 2020-21

O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente, ofrécelles aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na realización dun pleno infantil presidido pola alcaldesa da cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º ciclo de EP

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN) é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez se recoñece que as nenas e os nenos son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de lles ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de seren escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrécelles aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na realización dun pleno infantil presidido pola alcaldesa da cidade.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/as do curso participante expón as conclusións do material traballado previamente na aula.

Cada centro participante traballa arredor dun dereito dos recollidos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF. É por iso que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.

Entidades colaboradoras:

UNICEF

Cando:

Data de realización por determinar

Importante: a realización deste programa está condicionada á evolución da pandemia da COVID-19.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Para inscribirse nesta actividade é necesario enviar un correo electrónico a a.botana@coruna.es indicando: nome do centro educativo, curso, número de alumnos/as da aula e profesor/a de contacto.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana Pérez

Tel.: 981 184 200 ext 12041

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión