Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Rutas urbanas animadas

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren actitudes e valores cívicos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de último curso (3º EI) da Rede de Escolas Infantís Municipais

Alumnado de EI e 1º e 2º cursos de EP dos CEIP do municipio da Coruña

Horario:

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e saída no autobús):

  • Sesión 1: de 10.00 a 11.20 h
  • Sesión 2: de 11.30 a 12.50 h

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.

Rutas que se ofertan

Ruta 2 e 3 anos. Parque de Santa Margarida: espertando os sentidos (parque de Santa Margarida - contorna da Casa das Ciencias)

  • Temática: unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

Ruta 4 anos. Historias de María Pita (praza de María Pita)

  • Temática: un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de M.ª Pita.
  • Competencias: Social e cidadá. Lingüística

Ruta 5 anos. Un museo ao aire libre (Xardíns Méndez Núñez - zona monumento Curros Enríquez)

  • Temática: unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
  • Competencias: cultural e artística. Lingüística

Ruta 1º EP. Xardín de San Carlos: memorias dunha batalla (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

  • Temática: un espazo singular no que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.
  • Competencias: coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadá. Lingüística

Ruta 2º EP. Tesouros de María Pita (praza de María Pita)

  • Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
  • Competencias: competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística

Condicións do programa

  • Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • Núm. máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase e unha persoa acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
  • Os buses recollerán no centro o alumnado e o profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os/as educadores/as das rutas non irán nos buses, estarán esperando no espazo onde se desenvolve a ruta.
  • As rutas poderanse anular debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas exceda os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel.: 981 202 002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Cando:

Dende o 01/04/2019 ata o 31/05/2019

Segundo o calendario elaborado polo SME en función das solicitudes

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 12/10/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 12 de setembro ao 12 de outubro de 2018

Contacto:

Federación das ANPAS de Centros Públicos

R/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12038

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Documentos:

Rutas urbanas animadas. Descrición (55 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?