Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Seminarios de motivación para a busca de emprego 2020-2021

Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvoltas co obxectivo de posibilitar que o estudantado de FP dos institutos de ensino secundario do municipio dispoña da información e do asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Emprego

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de FP e EE de centros públicos do concello

O servizo ofrecido é unificado, global e accesible, pensado e deseñado especialmente para a poboación co obxectivo de lle ofrecer información que permita superar o desfasamento e, por tanto, corrixa o descoñecemento que existe en como optimizar a incorporación á vida laboral.

Condicións do programa

O horario será por petición do centro de ensino. Será aprobado polo Servizo Municipal de Emprego segundo as necesidades horarias deste.

Tamén se pode solicitar realizar o seminario en liña en streeming, con conexión do alumnado desde os seus domicilios.

Cada seminario durará 2 horas.

Daráselles prioridade a aqueles seminarios que se organicen no primeiro trimestre do curso (ano 2020).

O número de alumnas/os será dun mínimo de 15 e un máximo de 25. O centro procurará que os grupos sexan o máis homoxéneos posibles e que se organicen preferentemente por especialidades. O centro educativo encargarase de:

  • Xestionar as prescricións e confeccionar a listaxe definitiva de asistentes para llo remitir ao Servizo Municipal de Emprego.
  • Garantir a presenza dunha profesora ou profesor durante a impartición do seminario.
  • Publicitar entre o alumnado o seminario e mais o calendario previstos.
  • Achegar a aula ou local con cadeiras e mesas para as persoas asistentes.
  • Dispor durante o seminario, para uso do profesorado, de medios audiovisuais tales como retroproxector ou canón de vídeo e pantalla.

Cando:

Dende o 02/11/2020 ata o 30/06/2021

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 31/10/2020

Inscrición dos centros

Ficha de solicitude xeral

Do 15 de setembro ao 31 de outubro

Ficha de solicitude específica "Seminario de motivación para a busca de emprego"

Do 15 de setembro ao 31 de outubro

¡¡¡¡POSIBILIDADE DE PETICIÓN DE REALIZACIÓN DE SEMINARIOS EN LIÑA!!!!

Contacto:

Servizo Municipal de Emprego

Sede: Estrada dos Fortes, 16, Simón Bolívar, 16, CP 15011 Os Rosales 

Ana Colino

Tel.: 981 184 399

Fax: 981 184 398

a.colino@coruna.es; emprego@coruna.es

www.coruna.es/emprego

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión