Concello da Coruña

Concello da Coruña

“Sentidiño na rede”: Prevención de adiccións dixitais e uso inadecuado das novas tecnoloxías 2020-21

Os recursos que proporcionan as novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O fácil acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre a mocidade fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías.

Este taller promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre as persoas usuarias máis novas, o bo uso destas tecnoloxías.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Servizos Sociais

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 2º e 3º de ESO

Obxecto:

Abordar as seguintes temáticas relacionadas coa prevención de adiccións dixitais:

  • Diferenzas entre uso-abuso-adicción ás novas tecnoloxías
  • Privacidade, identidade dixital e reputación en liña (acceso a contidos inadecuados, cesión de datos dixitais, suplantación de identidades)
  • Comportamento en liña (convivencia na rede, riscos de comportamentos inadecuados na rede, uso adecuado e seguro de tecnoloxías dixitais, hábitos de uso razoable das TICS)
  • Ciberacoso (sexting, grooming...): identificación de riscos, estratexias de prevención e protección, identificación de mecanismos de denuncia
  • Promoción de valores e normas. Establecemento dun estilo de vida saudable en relación coas novas tecnoloxías.

O taller realízase en tres sesións de 50 minutos

Cando:

Dende o 02/11/2020 ata o 31/05/2021

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (o centro)

Ficha de solicitude específica "programas educativos do Departamento de Benestar" (o centro)

Contacto:

Servizo municipal de Servizos Sociais

Regla Dávila Caballero e Teresa González García

Tel.: 981 184 374

m.gonzalez@coruna.es

Recursos humanos:

Impartido por persoal da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión