Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Son futuro: concertos didácticos

A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes os vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de centros docentes de ensino non universitario

Horario:

Cada espectáculo terá dúas sesións diarias de martes a venres, ás 10:30 h e ás 12:00 h. A duración media será de 50 minutos.

Prezo / Custo:

O alumnado deberá aboar o importe das entradas para cada un dos concertos didácticos aos que asistan:

  • 2,00 € para todos os concertos

O profesorado acompañante de cada grupo terá entrada gratuíta.

É imprescindible que se especifique o número de alumnos/as e profesorado asistentes ao concerto.

Unha vez adxudicadas as prazas aos centros educativos indicarase o prazo no que realizará o aboamento de entradas mediante unha transferencia bancaria ou ingreso en conta. En caso de non aboarse o importe das entradas na data establecida, as prazas adxudicaranse a outros centros e grupos en lista de espera.

Unha vez efectuado o pago das entradas non se devolverá o seu importe, só se efectuará no caso de anulación do espectáculo por parte da OSG.

As prazas para cada concerto didáctico son estritamente as que se solicitaron e pagaron. En caso de asistir con máis alumnas/os das prazas adxudicadas non se permitirá o acceso destes. En caso de asistir ao concerto con menor número de alumnos/as das prazas adxudicadas e aboadas non se efectuará a devolución do importe desas prazas.

Obxecto:

  • Achegar a música aos públicos escolares, enriquecendo a súa formación a través de concertos programados especialmente para eles, mediante a aplicación das pautas de traballo previstas nas guías didácticas.
  • Axudarlle ao alumnado asistente ao concerto a conseguir unha audición comprensiva, activa e participativa.
  • Achegar o público escolar ao coñecemento da música, estimulando a satisfacción pola audición en directo, así como promover a atención, a apreciación das actividades artísticas e o recoñecemento do silencio e da actitude relaxada como elemento fundamental para unha boa escoita.
  • Presentarlle ao persoal docente e ao alumnado recursos que axuden á consecución dunha auténtica expresión musical favorecendo unha comunicación máis rica cos demais, utilizando de maneira creativa as diferentes posibilidades de comunicación e expresión artística.
  • Potenciar o respecto entre as persoas e contribuír á comprensión da interculturalidade mediante a difusión dun repertorio musical amplo e variado.

Para lograr con éxito todas estas formulacións é necesario implicar a tres colectivos.

  • Os músicos que ofrecen o espectáculo (OSG e diversas agrupacións musicais)
  • O alumnado que asiste aos concertos
  • O colectivo do profesorado

Sábese que durante o concerto tanto os músicos como a persoa presentadora están a ofrecer pautas de formación musical cara ao público, pero é tamén certo que o aproveitamento destas pautas vai depender do traballo que delas se poida facer previa e/ou posteriormente na aula.

Condicións do programa

Adxudicación

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e á limitación de capacidade.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaránselles aos centros mediante o correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o seu calendario, así como a comunicación de calquera incidente ou aclaración unha vez comezado o programa correspóndelle ao Departamento Didáctico da OSG.

Desenvolvemento do programa

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante o correo electrónico ou fax) antes do 6 de novembro da presenza ou ausencia a cada un dos concertos adxudicados ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberalle comunicar a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos/as, con polo menos, 15 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

Cando:

O calendario de concertos programados para este curso publicarase o 15 de setembro na web www.sonfuturo.com

Inscricións:

Dende o 15/09/2018 ata o 30/09/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2018

Ficha de solicitude específica "Son futuro"

Do 15 ao 30 de setembro de 2018

Contacto:

Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico

Palacio da Ópera. Glorieta de América, 3. CP. 15004

Tel.: 981 252 021

Fax: 981 277 499

didacticos@sinfonicadegalicia.com

Recursos materiais:

Todos os concertos didácticos apóianse nunha guía didáctica para o profesorado, elaboradas por un equipo de especialistas en educación musical.

Nas guías didácticas recóllese a información do concerto: programa musical, temática, formación musical, información das persoas compositoras e autoras das obras para interpretar así como diversas propostas didácticas que complementan a asistencia ao concerto para podelo preparar previamente na aula así como complementalo posteriormente.

As guías didácticas non se editarán en papel; con todo remitiránselles por correo electrónico con antelación ao concerto adxudicado aos centros participantes e estarán colgadas nas páxinas web da OSG e na web educativa municipal. Pídeselles ás persoas coordinadoras de cada centro que estean atentas aos seus correos electrónicos e ás páxinas web.

Máis información:

Documentos:

Programación didáctica. Curso 2018/2019 (513 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?