Acción de dinamización lingüística consistente nun obradoiro, en horario extraescolar, para aprender a redactar un guión e gravar unha curta empregando como lingua vehicular o galego.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Público
Alumnado de 5.º e 6.º de EP matriculado nos centros de ensino públicos da cidade.
luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h
luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h
martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h
martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h
Gratuíto
O obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega, así como potenciar a capacidade creativa a través das artes audiovisuais, de forma lúdica e grupal
Todas as curtas gravadas serán presentadas nunha gala final, o Festival Ópera Prima, que terá lugar a final de curso (nunha data e lugar por determinar).
O alumnado recibirá un diploma expedido polo Concello da Coruña de conforme realizou o curso, sempre que asistise a el.
Dende o 15/10/2020 ata o 31/05/2021
Importante: a realización deste programa está condicionada á evolución da pandemia da COVID-19.
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición dos centros
Ficha de solicitude para o alumnado
Ficha de solicitude específica
Unha vez iniciadas as sesións, poderá haber altas se quedaren prazas vacantes.
Se quedaren grupos ou prazas libres para o segundo trimestre, abrirase un novo período de inscrición.
Só poderán participar 4 grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario.
A adxudicación dos grupos realizarase por orde de chegada das solicitudes, sempre que se cumpra o requisito do mínimo de alumnas/os. Se houber máis de 8 centros inscritos, priorizarase a aqueles que non participasen no programa nos cursos anteriores.
Os grupos formaranse cun mínimo de 7 escolares.
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas se quedaren prazas vacantes no grupo que se solicita. Se non for así, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.
O monitor ou monitora do obradoiro presentaralles o contido do obardoiro aos centros interesados, durante a primeira quincena de setembro, se estes llo solicitaren ao Servizo Municipal de Educación
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible