Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Todo público: programación de teatro para centros escolares 2018-2019

O IMCE ofrécelles parte da súa programación de teatro aos centros escolares con funcións específicas para eles.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EI, EP, ESO, BACH e FP dos centros escolares do Concello da Coruña

Prezo / Custo:

    Condicións do programa

    • Cada grupo só se poderá inscribir nunha única obra de teatro
    • Prezo de billete por alumnado: 2,00 € para E. Infantil e E. Primaria e 3,00 € para E. Secundaria.
    • Cada grupo deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro, que dispoñerá de entrada gratuíta.
    • A programación de Educación Infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.
    • En función das características do espectáculo e dos escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.
    • O horario especificado na entrada é o horario de comezo da función. Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

    Venda de entradas

    Ademais da ficha de solicitude xeral, hai que cubrir directamente "en liña, a través da ficha específica "Despacho de billetes do IMCE: Todo Público" (ligazón): a partir do día 17 de setembro para os centros do municipio, e do 19 de setembro para os centros doutros municipios.

    Para acceder á ficha, aqueles centros que non estean incorporados á "Intranet Educativa Municipal", poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" (teléfono 981 902 327).

    Compra a través do teléfono 981 184 297, en horario de 9.00 a 14.00 h: a partir do 24 de setembro, para todos os centros.

    Adxudicación

    As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de petición.

    Retirada de entradas

    1. As entradas deben ser retiradas, o máis tarde, 10 días antes do espectáculo, no Fórum Metropolitano, excepto para o espectáculo "Vuelos" que poderán recollerse ata 2 días antes da función.
    2. Permitirase un máximo dun 10% de devolucións, coa condición de que non exceda de 10 entradas por función e centro.
    1. Teatro para educación infantil (4 e 5 anos) e educación primaria

    • Lugar: todas as funcións serán no Fórum Metropolitano, excepto "Vuelos", que será no Teatro Rosalía.

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Hora

    CAPACIDADE

    Vuelos

    (Teatro Rosalía)

    Aracaladanza (Madrid)

    De 3º a 6º curso de EP

    5 de outubro

    9.30 e 11.30 h

    400

    Pum Pum

    Baobab Teatro (Galicia)

    EI e 1º-2º curso de EP

    18 e 19 de outubro

    9.30 e 11.30 h

    250 (100 infantil + 150 EP)

    Pulgarcito

    Teatro Paraíso (País Vasco)

    De 3º a 6º curso de EP

    8 e 9 de novembro

    9.30 e 11.30 h

    290

    Peter Pan y Wendy

    Perro azul Teatro

    (La Rioja)

    De 1º a 4º curso de EP

    29 e 30 de novembro

    9.30 e 11.30 h

    290

    Rosa Caramelo

    Talía Teatro (Galicia)

    EI

    13 e 14 de decembro

    9.30 e 11.30 h

    150

    Gaia

    Entremans (Galicia)

    De 1º a 4º curso de EP

    31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2019

    9.30 e 11.30 h

    290

    Vida

    Javier Aranda (Zaragoza)

    De 3º e 4º curso de EP

    7 e 8 de febreiro de 2019

    9.30 e 11.30 h

    200

    Patapatum

    Elefante Elegante (Galicia)

    De 3º a 6º curso de EP

    14 e 15 de marzo de 2019

    9.30 e 11.30 h

    290

    Historias de un calcetín

    La Canica (Madrid)

    EI e 1º-2º curso de EP

    25 e 26 de abril de 2019

    9.30 e 11.30 h

    250 (100 infantil + 150 EP)

    De todo corazón

    Teatro Paraíso (País Vasco)

    EI

    23 e 24 de maio de 2019

    9.30 e 11.30 h

    150

    1.2. Teatro para educación secundaria

    Lugar: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Hora

    CAPACIDADE

    Mosca

    Sudhum Teatro (Madrid)

    ESO - BAC - FP

    13e 14 de novembro

    9.00 e 11.30 h

    290

    De abrentes e ocasos

    Teatro do Atlántico (Galicia)

    3º-4º curso de ESO - BAC

    24 e 25 de xaneiro de 2019

    11.30 h

    290

    Charo Pita

    Charo Pita (Galicia)

    ESO - BAC - FP

    11 de abril de 2019

    11.30 h

    290

    Raquel Queizás

    Raquel Queizás (Galicia)

    ESO - BAC - FP

    12 de abril de 2019

    11.30 h

    290

    1.3. Teatro para educación secundaria organizado por Normalización Lingüística

    Lugar: Centro Ágora

    ** A entrada será con invitación. As normas para reservar e retirar as invitacións son as mesmas que para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e FP.

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Hora

    CAPACIDADE

    Eroski Paraíso

    (Ágora)

    Chévere Teatro (Galicia)

    ESO- BAC - FP

    18 e 19 de outubro

    11.00 h

    476

    Cando:

    Dende o 01/10/2018 ata o 31/05/2019

    Inscricións:

    Dende o 17/09/2018

    Inscrición para os centros

    Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes de teatro do IMCE: Todo Público"

    Desde o 17 de setembro para os centros do municipio

    Desde o 19 de setembro para os centros doutros municipios

    Compra a través do teléfono 981 184 297, en horario de 9.00 a 14.00 h: a partir do 24 de setembro para todos os centros.

    Para acceder á ficha, aqueles centros que non estean incorporados á "Intranet Educativa Municipal", poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" (teléfono 981 902 327).

    As prazas iranse adxudicando por rigorosa orde de petición. As fichas cerraranse cando se esgoten as entradas.

    Contacto:

    Sede

    Avda. Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) - 15001 A Coruña

    Tel.: 981 189 830 Fax: 981 189 829

    imce@coruna.es

    Escenarios

    Fórum Metropolitano

    R/ Río de Monelos, 1 (15006)

    Tel.: 981 184 297 Fax: 981 184 295

    forum@coruna.es

    Teatro Rosalía de Castro

    R/ Rego de Auga, 37 (15001)

    Tel.: 981 184 349 Fax: 981 184 321

    trc@coruna.es

    Ágora

    Lugar da Gramela, 17 (15010)

    Tel.: 981 189 888

    agora@coruna.es

    Coordinación

    Todo Público: Teatro para escolares

    Begoña Llamosas Albizu

    forum@coruna.es

    Normalización Lingüística

    Nuria Seoane Bouzas

    n.seoane@coruna.es ou lingua@coruna.es

    Documentos:

    Programación teatral para EI e EP (6 MB)

    Programación teatral para ESO, BACH e FP (1 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    • Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?