Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Para coidar, querer e respectar a natureza, é necesario coñecela. Encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo ás máis pequenas e pequenos; a saber o porqué e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean e a identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis os nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao noso arredor.
Só da Coruña
Medio ambente
Complementaria
Alumnado de 5.º e 6.º de EI; de 1.º e 2.º de EP; EE
ESTRUTURA
Este programa baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades previas na aula.
O programa desenvólvese en dúas sesións diferentes:
Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020
NOTA: A programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só se realizará acordada coas persoas destinatarias, que serían consultadas coa debida antelación.
Este evento xa rematou
Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020
Inscrición para os centros
Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, S.L.
Tel.: 981 903 834
Materiais de apoio:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible