Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

"Veo, veo" 2020-21

Para coidar, querer e respectar a natureza, é necesario coñecela. Encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo á xentiña máis pequena; a saber o porqué e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean e a identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis os nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao noso arredor.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de EI; de 1.º e 2.º de EP; EE

Obxecto:

  • Axudarlles ás/aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización adecuada para o coidado da nosa contorna máis próxima e inmediata.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver aqueles problemas que lles afecten á conservación dos nosos valores naturais e á biodiversidade dos nosos ecosistemas.
  • Preténdese que o alumnado comprenda, investigue e aprenda, mediante un contacto directo con:
    • a riqueza e variedade de comunidades vexetais e animais, a súa función e importancia no medio en que vivimos e a súa relación entre elas e en particular connosco.
    • as formacións xeolóxicas máis relevantes da nosa contorna, como elementos fundamentais da paisaxe que nos rodea.

ESTRUTURA

Este programa baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades previas na aula.

O programa desenvólvese en dúas sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo na aula, segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 30 minutos. Para escoller entre:
    • A lagoa de Eirís. 5.º e 6.º de EI
    • Monte e illas de San Pedro. 1.º de EP
    • Punta Herminia. 2.º de EP
  • Taller na aula, segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 60 minutos. Para escoller entre:
    • O conto sen fin da lagoa de Eirís. 5.º e 6.º de EI
    • Póster 3D de San Pedro. 1.º de EP
    • O meu caderno de campo de Punta Herminia. 2.º de EP

Cando:

Dende o 07/01/2020 ata o 30/06/2020

NOTA: a programación de Educación Ambiental municipal pode sufrir algunha variación ao longo do curso escolar. A orixe destes cambios está na nova licitación destes programas que rexerá nos futuros anos. Ningún dos cambios influirá nas datas asignadas aos diferentes centros. Calquera cambio ou modificación nos contidos dos programas só se realizará acordada coas persoas destinatarias; que serían consultadas coa debida antelación.

Inscricións:

Dende o 11/12/2019 ata o 31/01/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión