Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

VI Festival Ópera Prima 2019

Festival no que se proxectarán as curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e 6º de EP dos centros educativos públicos da cidade participantes nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega", coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP dos centros educativos da cidade participantes nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega".

Horario:

De 19:00 a 21:00 h

anual

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta

Obxecto:

Mostrar e premiar o esforzo do alumnado participante nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega" de EP, nos que se pretende potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega, así como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

A entrada ao festival é libre e gratuíta.

Presentaranse as curtametraxes realizadas no programa "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega" de EP.

O alumnado participante recibirá un diploma da realización do taller e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo Taller de cerámica 'Kerámicos' da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).

Cando:

29/05/2019

(por confirmar)

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12038

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Máis información:

As curtametraxes realizadas no 1º trimestre do curso 2018/19 serán seleccionadas para participar no 'Festival CinEOI Coruña 2019', na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. E as realizadas no 2º trimestre participarán no devandito Festival de 2020.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?