A oferta de actividades e visitas aos Museos Científicos para este curso adaptarase en todo momento ás circunstancias sanitarias.
De calquera concello
Museos científicos
Complementaria
Alumnado de todos os niveis educativos
Días lectivos de luns a venres
Oferta para o curso 2020-2021
O acceso á Casa das Ciencias estará limitado ao seu planetario con sesións ás 10.30 h, 12.30 h, 14.30 h e 16.30 h, que se adaptarán ao grupo escolar asistente.(Consultar aquí)
O acceso á Domus estará limitado a un programa de talleres no Laboratorio Aberto e o espazo maker@domus. (Consultar aquí)
No Aquarium Finisterrae poderá realizarse unha visita ás salas de exposicións, onde se han deshabilitado os elementos interactivos, e a asistencia a actividades, que poden incluír a alimentación das focas ou a dos peixes da sala Nautilus. As entradas dos grupos serán ás 10.00 h, 12.00 h, 14.00 h e 16.00 h. (Consultar aquí)
Observacións
Rógase respectar os horarios concertados para a boa organización da visita.
Inscrición centros
Como reservar e fichas de solicitude de reserva aquí
Máis información: en 981 189 848 e reservas@casaciencias.org
A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible