Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Visitas escolares Coruña de aventura

Visitas a diversas entidades da cidade e percorridos guiados para alumnado de centros educativos en horario escolar

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Infantil, primaria, secundaria e especial, en función dos requisitos das visitas.

Respectarase o número máximo de alumnado previsto en cada visita, para garantir tanto a seguridade como que se poidan ver os procesos e escoitar as explicacións con claridade.

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

  • As visitas son gratuítas.
  • Cada centro poderá solicitar unha única visita ou itinerario por grupo-clase.
  • Non se poderá solicitar a mesma visita ou percorrido para máis dun nivel por centro. Valoraranse as excepcións motivadas.
  • O programa ten establecido un número máximo de visitas e itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta se procederá á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • O servizo municipal de educación (SME en adelantte) asigna as visitas (ver proceso de asignación) tendo en conta as condicións que indica a empresa e na medida dos posible as preferencias dos centros.
  • Unha vez que os centros teñen asignadas as datas definitivas deben de poñerse en contacto coa entidade (como máis tardar nas 48 horas anteriores a que se realice a actividade) para confirmar a visita e aclarar e/ou acordar calquera cuestión de interese.
  • A aplicación coa que xestionamos o programa envía aos centros un recordatorio das visitas que están previstas para os próximos días, así como unha ficha de avaliación para cada un das actividades.
  • Importante: No caso de que se anule ou cambie a data asignada como definitiva entre a entidade e o centro sempre se debe de comunicar esta cuestión ao Servizo Municipal de Educación. No caso de que non se realice esta comunicación en prazo o SME non asumirá ningunha responsabilidade nin correrá cos cargos que se xeren co cambio de datas (ej: non dispoñibilidade de transporte para a nova data.)

Proceso de asignación das visitas

  • O SME abre un prazo do 12 de setembro ao 12 de outubro para solicitar as visitas a través da ficha específica do programa.
  • O SME adxudica provisionalmente as visitas e o 12 de novembro envía (a través da aplicación do programa) ao centro e á persoa rexistrada como coordinadora un correo coas datas asignadas.
  • Os centros teñen ata o 1 de decembro para comunicar calquera desconformidade coas datas asignadas, en caso de non facelo as datas provisionais enténdense que son adecuadas e pasarán a definitivas.
  • O SME asignará novas datas para as solicitudes que indicaron problemas coa data provisional e unha vez confirmadas as novas datas coa entidade e o centro pasarán a definitivas.
  • O 18 de decembro enviaremos a todos os centros un correo coas asignacións definitivas de datas para as visitas solicitadas. Este documento será o de referencia para as entidades, os centros e o SME ao longo do programa. Os centros deben de comprobar que recibiron o correo e estar atentos ao calendario.

Servizo de transporte

  • O transporte é gratuíto para as "Escolas infantís Municipais" e os CEIP da cidade.
  • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada visita. Este horario puiden axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
  • Os autobuses teñen 54 prazas, polo que en ningún caso pódense exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
  • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Visitas e percorridos que se ofertan

  • CULTURAIS
    • Arquivo do Reino de Galicia
    • Biblioteca pública "González Garcés"
    • Casa Museo Emilia Pardo Bazán
    • Capitanía
    • Castro de Elviña
    • Cidade Medieval
    • Fundación Luís Seoane
    • Museo de Arte Sacra e Colexiata de Santa María
    • Museo de Belas Artes
    • Museo Militar da Coruña
    • Museo Arqueolóxico e Histórico
    • Torre de Hércules
  • EMPRESAS
    • Hipermercado Alcampo
    • Industria carpintería de alumnio Aluman
    • Bonilla
    • Gadisa Loxística
    • Coñece o teu supermercado Gadis
    • SGL Carbón S.A. Fabricación de eléctrodos de grafito
    • Experiencia Coca Cola
  • ESPAZOS EDUCATIVOS
  • A tenda de Antón
  • MEDIOS DE COMUNICACIÓN
    • Radio Nacional de España
    • La Voz de Galicia
  • MEDIOS DE TRANSPORTE
    • Porto da Coruña. Autoridade Portuaria
    • Coñece o bus urbano da túa cidade. Compañía de Tranvías da Coruña
    • Estación de Autobuses
  • RECURSOS MUNICIPAIS
    • Centro Municipal de Información Xuvenil. (CMIX)
    • Limpeza viaria. CESPA
  • RECURSOS NATURAIS
    • Abastecemento de auga. Emalcsa
    • Central Térmica e Lago das Pontes
    • Central Térmica de ciclo combinado dás Pontes
  • SEGURIDADE E POLICÍA
    • Corpo Nacional de Policía e museo
    • Bombeiros
  • SOCIAIS
    • Cruz Vermella Española: Cruz Vemella Xuventude

Cando:

Dende o 01/01/2019 ata o 21/06/2019

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 12/10/2018

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 12 de setembro ao 12 de outubro de 2018

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara Bilbao // Ana Paz Pérez

Tel.: 981 184 200 ext. 12047 // 12027

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?