Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

XX Rebumbio matemático 2020-21

Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos centros docentes de Galicia matriculados en 6º de EP

Horario:

De 10:30 a 13:00 h

Os centros, a través de equipos formados por tres alumnas/os, traballan na resolución de problemas matemáticos de maneira cooperativa.

O programa ten as seguintes fases:

  • Fases de centro que se realiza antes do 30 de marzo de 2020 no propio colexio. Antes do 1 de abril, cada centro comunicará os nomes das persoas participantes que forman cada equipo, cubrindo a ficha do formulario de zona
  • Fases zonais na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Para realizar o día 24 de abril ás 10:30 horas en cada unha das sedes. Os resultados serán publicados o 4 de maio.
  • Final galega. Realizarase o venres 22 de maio ás 10:30 horas no Fórum Metropolitano da Coruña.

Nas Fase de Zona e na Fase Final galega, os/as alumnos/as deberán levar o material que consideren necesario para a resolución das probas (bolígrafo, lapis, regra, calculadora etc.) Facilitaráselles papel.

Tamén será imprescindible que en ambas as fases cada alumno/a se identifíque co seu DNI ou, na súa falta, co certificado acreditativo correspondente do centro educativo.

O XX Rebumbio Matemático día a día

Cando:

Data de inicio: antes do 1 de marzo de 2020

Desde o momento en que se abra o formulario de inscrición (avisaremos)

Inscricións:

Inscrición para os centros

Os centros que desexen participar formalizarán antes do 1 de marzo as súas inscricións: Formulario de inscrición

Contacto:

Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema)

info@agapemacoruna.com

www.agapema.org

Máis información:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión