Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

XXXI Mostra de Teatro Escolar

Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do Concello.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado dos grupos de teatro dos centros educativos do Concello.

Os centros poden inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:

EI e EP: máximo 3 grupos por centro

Educación secundaria: máximo 2 grupos por centro

Obxecto:

Potenciar a actividade artística do alumnado, fomentar a convivencia entre os grupos teatrais e ofrecer diferentes escenarios de representación.

Condicións do programa

As representacións teatrais da Mostra deberanse axustar, como mínimo e máximo, á seguinte duración:

  • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
  • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
  • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.

Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutros dous da mesma etapa educativa.

O centro que recibe deberá garantir:

  • A presenza dunha persoa responsable do centro durante a representación
  • A atención aos actores e actrices
  • O acondicionamento do espazo
  • A asistencia de alumnado de idades similares
  • A convivencia entre os membros dos grupos

É condición imprescindible a asistencia a unha reunión de coordinación cuxa data, hora e lugar confirmarase na páxina web educativa e comunicarase á coordinación de cada grupo. Os grupos de teatro que non asistan a esta reunión quedarán excluídos do programa.

Axuda económica

Unha vez finalizadas as datas das representacións e en función dos grupos participantes, o Concello poderá outorgar unha axuda de ata 300€ por grupo para gastos xerados pola propia actividade teatral.

Requisitos para recibir a axuda:

Realizar as dúas representacións que corresponden por grupo, xustificar debidamente os gastos xerados pola actividade e presentar toda a documentación requirida.

Transporte

O transporte será facilitado polo Servizo Municipal de Educación. A escenografía non poderá exceder do 2,15 m. de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

Cando:

A mostra realizarase nos meses de marzo a maio.

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2019

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Contacto:

VITAEVENTS

881 942 823 / 881 945 972

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 12047 //12027

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión