Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos anteriores

  • A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica 2019-20

    Trátase dun taller de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionales utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

    Realizarase na Coruña, no IES Ramón Menéndez Pidal

  • A ruta da auga 2019-20

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. ¿Como utilizamos este recurso? ¿Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

  • Anillamiento científico de aves 2019-20

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Concurso sensores para todos 2019-20

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar á xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller 2019-20

    A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cóxegas 2019-2020

    O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

  • Deporte no centro 2019-2020

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

  • Enerxía e cambio climático 2019-20

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • Fauna de aquí e de alá 2019-20

    A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenencia responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.

    ¿Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? ¿Estamos dispostos a asumir estas obrigacións legais e éticas para con elas?

  • Itinerarios 2019-20

    Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

  • Mus-e 2019-20

    A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.

    MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

  • O aire que nos rodea 2019-20

    O ser humano coas súas actividades altera e modifica os ciclos da Terra. Polas nosas accións, en moitos casos, as consecuencias son unha elevada contaminación nas capas altas que repercute consecuentemente na nosa saúde. Nisto xogan un papel determinante e singularmente crítico as cidades.

  • Pleno infantil 2019-20

    O Concello da Coruña, no marco da lexislación vixente ofrece, aos centros escolares da cidade, a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido pola Alcaldesa da cidade.

  • Primeiros auxilios nos centros 2019-20

    Realízao a Sección de Protección Civil do Servizo Municipal de Protección Civil e Bombeiros, consistente na aprendizaxe de primeiros auxilios, prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.

    A persoa encargada é Federico de la Fuente Ortiz, monitor de Protección Civil e instrutor de Soporte Vital Básico e Desfibrilación Semiautomatica.

  • Residuos urbanos na Coruña 2019-20

    Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de usar "e tirar", imperante hoxe en día.

  • Rutas urbanas animadas 2019-20

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

  • Sementando Participación 2019-2020

    O proxecto "Sementando Participación" ten como obxectivo xerar un proceso de participación infantil na área Metropolitana da Coruña. Está dirixido ao alumnado e profesorado de 5º e 6º de EP. consistirá nun taller de formación para o profesorado e traballarase co alumnado a través de catro talleres de 50 minutos. Cada un finalizarase cun evento final de todo o alumnado participante.

  • Veo, veo 2019-20

    Para coidar, querer e respectar a natureza, é necesario coñecela. Encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo ás máis pequenas e pequenos; a saber o porqué e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean e a identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis os nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao noso arredor.

  • Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2020-2021

    A oferta de actividades e visitas aos Museos Científicos para este curso adaptarase en todo momento ás circunstancias sanitarias.

  • A auga na Coruña 2019-20

    Actividade na aula: xogo. Duración: 60 minutos.

  • A auga na natureza 2019-20

    Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio.

  • A contaminación acústica: quen a xera e como pode minimizarse 2019-20

    Audiovisual interactivo. Coloquio con apoio audiovisual na aula. Duración aproximada: 60 minutos.

  • A contaminación atmosférica: quen a xera e como pode minimizarse 2019-20

    Audiovisual interactivo. Coloquio con apoio audiovisual na aula. Duración aproximada: 60 minutos.

  • A enerxía que move a miña cidade 2019-20

    Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos.

  • A gran viaxe dos animais domésticos 2019-20

    Actividades na aula. Xogo "A gran viaxe dos animais domésticos". Duración aproximada: 60 minutos.

resultados 60

Programas educativos anteriores

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión