Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña cultural

  • Mostra de Teatro Escolar 2020-21

    Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do concello.

  • Mus-e 2020-21

    A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.

    MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2020-21

    O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano.

    Espectáculos que se ofertan ao público familiar o sábado seguinte ás 18.30 h

    No presente curso 2020/2021 e debido á incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata febreiro de 2021, realizarase unha nova proposta no mes de decembro de 2020 (datas por confirmar) para a primavera de 2021.

  • Visitas escolares ás bibliotecas 2020-21

    Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación Infantil e a todos os niveis de Educación Primaria.

  • Visitas escolares ás casas museo: Picasso, María Pita e Casares Quiroga 2020-21

    Percorrido guiado polas dependencias que configuran cada casa museo

resultados 5

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión