Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Coruña tardes
Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021.
Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021
O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "Obradoiros" e/ou "Proxectos".
A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de lles dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).
O programa Cóxegas é unha proposta que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar, durante os períodos en que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.
As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.
O título do programa componse de dúas palabras:
1) ENGLISH: fai referencia ao idioma inglés, que é o núcleo sobre o que xira o programa.
2) LAB: é abreviatura de "laboratory", para formular os "experimentos" que darán lugar á interacción da lingua inglesa con diferentes áreas de contidos.
Deste xeito, expresa a capacidade e potencial creativos que demandará o programa do alumnado participante e que se pretende manifestar coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.
resultados 7
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible