Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Coruña saúde
Taller que ten como obxectivo promover entre o alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria a prevención do uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre a súa utilización.
Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos e nas menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.
Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para se mover con seguridade neste novo "hábitat".
O obradoiro combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.
O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación pode solicitar esta intervención.
Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.
Taller que promove potenciar as habilidades persoais e o traballo cooperativo das persoas participantes, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de acoso escolar.
Taller que promove un achegamento, adaptado á idade das persoas participantes, á toma de conciencia das vantaxes e riscos asociados a internet.
Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de drogas e alcol en particular.
Realízao a Sección de Protección Civil do Servizo Municipal de Protección Civil e Bombeiros, e consiste na aprendizaxe de primeiros auxilios, prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.
A persoa encargada é Federico de la Fuente Ortiz, monitor de Protección Civil e instrutor de Soporte Vital Básico e Desfibrilación Semiautomática.
Este taller ten como obxectivo:
O obxecto do taller é dotar o alumnado das ferramentas necesarias para a toma de decisións adecuadas ante a situación do consumo de drogas, así como evitar posibles situacións de risco asociadas.
Taller que reforza o aprendido no taller "Todos contamos 1", utilizando recursos e metodoloxía práctica, incidindo nas dinámicas e adquisición de valores positivos para a adopción de condutas saudables.
Os recursos que proporcionan as novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O fácil acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre a mocidade fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías.
Este taller promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre as persoas usuarias máis novas, o bo uso destas tecnoloxías.
resultados 13
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible